#Claves de la semana

​Pechan os novos quirófanos de urxencias no Hospital de A Coruña

sete meses despois da súa apertura é necesario pechalos debido ó levantamento do chan e o deseño fallido do mesmos, que fai que algunhas zonas acaden temperaturas de mais de 40 grados.


|

Quirfanohospital




A Comisión de Centro de Atención Especializada denuncia o peche dos tres novos quirófanos de urxencias sete meses despois do inicio da súa actividade.



Os quirófanos de urxencias foron anunciados en sucesivas ocasións pola consellaría de sanidade, podendo verse na prensa dos días finais de marzo de 2015 a comunicación da súa apertura para despois de semana santa, posteriormente para o verán e finalmente foron abertos á actividade o 11 de xaneiro de 2016.



Sete meses despois é necesario pechalos debido ó levantamento do chan. Ao mesmo tempo, o deseño fallido destes quirófanos fai que algunhas zonas do mesmo acaden temperaturas de mais de 40 grados.



A Comisión de Centro de Atención Especializada lamenta os fallos nas obras do Sergas, particulamente neste servizo de urxencias que din, foi anunciado 'a bombo e platillo' por Feijoo, acompañado da anterior conselleira de sanidade.




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE