​Leiceaga critica que os acordos para o sector lácteo cheguen “en periodo electoral”

|

Leiceagaleite


O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, apostou hoxe en Lugo por “organizar, definir e apoiar proxectos lácteos coa participación das cooperativas, dos propios gandeiros, para reforzar grupos sólidos de base galega”.


“Estamos a favor de que as grandes empresas dos sector invistan en Galicia (en alusión ó acordo anunciado polo goberno galego con Goodleit) pero necesitamos reforzar os grupos que teñen contacto directo cos produtores, porque é a garantía de que os seus intereses serán apoiados”, afirmou Leicega tras visitar a Aula de Productos Lácteos de Lugo xunto co seu director, Enrique Arbones, o presidente da Deputación, Darío Campos, e os candidatos do PSdeG na provincia.


O candidato socialista comprometeuse a convocar, “desde a presidencia da Xunta, aos principais axentes de compra de leite en Galicia e non deixar que se levanten ata que garanticen un trato digno aos produtores, se eu fose presidente xa tería convocada esta reunión”, poñendo como exemplo o acordo de prezos ao que chegaron o goberno francés e Lactalis.


Leiceaga indiciu en que “hai que traballar en varias direccións para aumentar a competitividade do sector, con políticas como o banco de terras e definindo a concentración parcelaria, fomentando tamén o arrendamento das terras agrarias para reducir os custo de produción”, explicou.


“Ligaremos as axudas e subvencións desde a Xunta a unha garantía de recollida do leite e a un bo tratamento ao sector”, engadiu Leiceaga, que demandou “un maior control das medidas do paquete lácteo” e censurou “os anuncios para o sector en periodo electoral que chegan estes días; Feijóo faise fotos en campaña pero detrás non hai nada”.


FEIJÓO DEFÉNDESE


Fronte a quen ve electoralista anunciar agora o proxecto, Feijóo replicou que o investimento está agora "confirmado pola empresa e polo feito de que adquiriron unha parcela de 80.000 metros cadrados en Teixeiro, en Curtis".


"Parecíanos que antes de que adquirisen a parcela non debía facerse o anuncio; unha vez que está adxudicada polo Sepes e que é público que a compran, correspóndelle á empresa o anuncio", remarcou, antes de reafirmarse en que supoñerá "un asalto cualitativo" para o sector, "unha decisión estratéxica a saudar e que haberá que monitorar nos próximos meses".



relacionada ​La empresa láctea Goodleit se instalará en el polígono industrial de Teixeiro
relacionada ​Os gandeiros acusan a Lactalis de considerar a España "o seu mercado lixo"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress