Oito incendios queiman máis de 3.300 hectáreas en Galicia

|

Incendiomuios


Despois dunha xornada de elevadas temperaturas en toda a comunidade, as provincias de Ourense e Lugo rexistran na mañá deste mércores oito incendios (cinco activos e dous controlados) que levan arrasadas máis de 3.300 hectáreas: nos concellos de Lobeira, Lobios, Boborás, Muíños, Oímbra, Chantada, A Fonsagrada, e Monterrei segundo a información da Consellería do Medio Rural, que só achega datos daqueles lumes superiores a 20 hectáreas de afectación.


OÍMBRA - SITUACIÓN 2 (1.500 HECTÁREAS) 


Só neste último, o declarado na parroquia de Bousés, en Oímbra, segue activada esta mañá a alerta por proximidade a casas, en concreto por proximidade aos núcleos de Espiño e Bousés.


Este lume iniciouse ás 14:05 horas e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de ao redor de 1.500 hectáreas. Nos labores de extinción levan participado 2 técnicos, 14 axentes, 29 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións.


A intensidade das chamas e o forte vento obrigaron a evacuar "por prevención" a localidade ourensá de Espiño, situada neste municipio, aínda que a maioría dos seus veciños xa estaban fóra das súas casas "loitando contra o lume" e a situación púidose controlar de forma inmediata.


As chamas iniciáronse ao redor das 13,45 horas de onte, preto dun garaxe na localidade de Bousés, onde a alcaldesa asegurou que non se produciron danos materiais porque a contorna estaba limpa.


Con todo, o lume expandiuse a gran velocidade debido a "un vento incrible" e a "unha temperatura horrorosa", segundo confirmou a alcaldesa. En menos dunha hora e tras cruzar a estrada alcanzou a veciña localidade de Espiño, onde residen uns 60 veciños.


"É o terceiro incendio que se declara no pobo este verán", lamentou a alcaldesa de Oimbra. O anterior chegou desde Portugal e apagouse no cemiterio. "Agora ardeu o pouco que quedaba", relatou Villarino.


A alcaldesa sinalou que "aínda é pronto" para calcular a superficie ardida, que se estima polo momento en 500 hectáreas, pero informou de que se queimaron montes de castiñeiros e unha ampla zona que fora repoboada con piñeiros despois dun incendio, hai dous anos.


"Sentimonos impotentes, porque vimos arder en poucos minutos o traballo de toda unha vida. É unha situación moi triste", reiterou.


LOBIOS - SITUACIÓN 2 (400 HECTÁREAS)


O lume que se rexistraba este martes ás 18,46 horas no municipio de Entrimo localízase no concello lindeiro de Lobios, segundo informa o departamento autonómico. Na parroquia da Illa, en concreto, onde arderon unhas 400 hectáreas, traballan tres axentes, oito brigadas, oito motobombas e un helicóptero.


A Consellería do Medio Rural informou da activación, como medida preventiva, da denominada 'situación 2', de alerta por proximidade a vivendas esta tarde de mércores.


MONTERREI - SITUACIÓN 2 


A Xunta decretou a 'situación 2' como medida preventiva por proximidade do lume ás casas nun incendio forestal no municipio ourensán de Monterrei.


Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse na parroquia de Vences, e activouse a alerta por proximidade a núcleos de poboación. De momento descoñécese a superficie calcinada. 


MUÍÑOS - ACTIVO (800 HECTÁREAS) 


O incendio forestal que afecta ao parque natural do Xurés, no termo municipal de Muíños, e que se declarara ás na madrugada do martes, segue activo, pero a situación 2 desactivouse a primeira hora desta mañá


Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 800 hectáreas, todas elas dentro do Parque Natural do Xurés. No seu control levan traballado 2 técnicos, 6 axentes, 31 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 7 avións, , ademáis da UME, Protección Civil e GES.


BOBORÁS – ACTIVO (500 HECTÁREAS)


Activo desde as 16,44 horas do martes na parroquia de Brués, e queimou en torno a 500 hectáreas. No seu control traballaron 10 axentes, 18 brigadas, 13 motobombas, tres helicópteros e dous avións. Tamén colaboran efectivos de Protección Civil e de GES.


A FONSAGRADA - ACTIVO (20 HECTÁREAS)


A Xunta informou este mércores da activación doutro incendio forestal en A Fonsagrada (Lugo) na parroquia de Paradavella, que xa leva queimadas máis de 20 hectáreas de superficie. 


LOBEIRA - CONTROLADO (50 HECTÁREAS)


Por último, en Lobeira, ás 00,00 horas deste mércores comezou un incendio na parroquia da Fraga que se deu por controlado na mediodía deste mércores e queimou máis de 75 hectáreas. Na súa extinción participaron tres axentes, sete brigadas e catro motobombas.


CHANTADA – CONTROLADO (106 HECTÁREAS)


Continúa controlado desde as 6:11 horas de onte luns o incendio rexistrado na localidade lucense de Chantada, parroquia de Requeixo, que se iniciaba o domingo ás 15:04 horas.


Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 106,44 hectáreas, das cales 49,14 son arborizadas e 57,3 rasas. Levan traballando na súa extinción 1 técnico, 8 axentes, 40 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 13 helicópteros e 3 avións.



ACTUALIZACIÓN 08/09: As hectáreas arrasadas superan as 6.100 en 12 lumes, algún deles con risco para vivendas.

relacionada Arden 150 hectáreas dentro do parque natural do Xurés

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress