​Feijóo condena a acción "criminal" dos incendiarios

|

Feijoocdc


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, condenou a acción "intencionada e criminal" dos incendiarios para "crear alarma e destruír o patrimonio ambiental" pola súa tendencia para prender lume "cara ao anoitecer sabendo que" para os medios aéreos que interveñen nos operativos de extinción "non é posible voar pola noite".


Núñez Feijóo, que presentou en Pontevedra o seu balance de Goberno desde 2009 e os seus compromisos para o novo mandato ao que volve optar nas eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, mostrouse á expectativa sobre como "afrontar a xornada de tarde" ante a vaga de incendios que afectan á provincia de Ourense.


Algúns "pasaron de Portugal e Galicia e levou dificultades", precisou o titular do Executivo autonómico, destacando o vento como o "problema" maior, que en Ourense foi "moi duro" nas últimas horas.


Tamén se referiu ás "condicións climatolóxicas de enorme dificultade" que atravesa Galicia, "sen chover desde mediados de xuño" e temperaturas superiores aos 30 graos que motivan unha situación que Núñez Feijóo cualificou de "excepcional".


"DÍA A DÍA"


"Veremos se non hai máis", sinalou Alberto Núñez Feijóo sobre o que deparen as próximas xornadas e como haxa que afrontalas "día a día, loitando contra os incendios", engadiu.


Sobre a situación dos focos activos, o presidente da Xunta afirmou que "están todos controlados neste momento, algúns sen chama e outros sen risco".


Destacou que só na pasada xornada o balance superaba os 50 lumes, tres deles "non controlados" e cun volume "importante" de hectáreas afectadas. "A maioría de monte raso, non de riqueza forestal, pero calquera incendio é unha pésima noticia", lamentou Feijóo.


Ademais, o responsable do Goberno galego agradeceu o labor dos servizos de extinción por "protexer" as vivendas en situación "comprometida" pola súa "proximidade" ás chamas, así como o "comportamento" dos veciños.


Nas tarefas para sufocar os incendios operaron máis de 30 avións e helicópteros e un número superior ás 150 persoas con máquinas



relacionada ​Rueda defende a "alta eficacia" do dispositivo contra incendios
relacionada Oito incendios queiman máis de 3.300 hectáreas en Galicia
relacionada Pontón esixe "cambios estruturais" en políticas forestais

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress