#Claves de la semana

Pontón esixe "cambios estruturais" en políticas forestais

A líder frontista mantivo unha reunión este martes en Santiago con traballadores de Seaga, quen trasladaron a Pontón a "situación de precariedade absoluta" que viven os brigadistas.


|

ANAPONTONEANAMIRANDA


A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, criticou "a tese do PP" de que os incendios en Galicia "son inevitables", polo que esixiu "cambios estruturais" en políticas forestais e xestión dos montes, entre os que incluíu a "unificación" do servizo de extinción, que debe ser "de carácter público e profesionalizado".


A líder frontista mantivo unha reunión este martes en Santiago con traballadores da empresa pública Servizos Agrarios de Galicia, S.A. (Seaga), quen trasladou a Pontón a "situación de precariedade absoluta" que viven os brigadistas.


O presidente do comité de empresa de Seaga na Coruña, Pablo Bujo, cualificou de "palabrería barata" o anuncio a pasada semana do Goberno galego de que os profesionais dedicados á loita contra o lume pasarán a ter a consideración de bombeiros forestais.


Para Bujo, trátase dunha "verdade a medias", xa que só afecta "a un terzo" do dispositivo contra incendios de Galicia, polo que ve "un cambio de nome" ao persoal da Xunta en lugar dunha mellora das condicións laborais para os brigadistas. Así mesmo, apuntou que "non houbo" negociación entre os profesionais e a Consellería do Medio Rural e que o acordo está "baleiro de contido".


Así, lembrou que os traballadores de Seaga teñen a condición de empregados "fixos descontinuos", o que implica que, ao traballar durante só tres meses ao ano, non poidan acceder "ao subsidio por desemprego" e, deste xeito, moitas familias enfróntanse a unha complicada situación económica durante os meses nos que non está activada a campaña anti incendios.


Esta situación provoca que moitos brigadistas "vaian deixando o oficio", coa consecuente "entrada de xente nova que descoñece o mundo forestal", o que aumenta o perigo de que se produzan accidentes. "Calquera día temos unha desgraza", alertou Bujo.


"CAMBIOS ESTRUTURAIS" EN POLÍTICA FORESTAL


A candidata nacionalista esixiu "cambios estruturais" en política forestal para atallar o problema dos incendios en Galicia, que, como lembrou, concentra "o 50 por cento dos lumes de todo o Estado" e o "récord de máis superficie afectada".


Así as cousas, alertou dos "intereses privatizadores" nos sistemas de extinción, que "poñen en risco a vida das persoas" e os montes galegos, polo que sinalou a necesidade de "unificar" o servizo e garantir o seu "carácter público e profesionalizado".


"A POLÍTICA DO AVESTRUZ" DO PP


"Non compartimos a tese do PP de que os incendios son inevitables, que non se pode facer nada para acabar co tema dos incendios", censurou Pontón, para a que o Goberno galego fai "a política da avestruz" en materia forestal porque "fai como que o problema non existe".


"Non nos cansaremos de repetir que os incendios se apagan no inverno", reiterou. A nacionalista cre que a solución a esta problemática pasa por "apostar pola prevención" a través de, entre outras propostas, a elaboración de "un plan xeral de rozas" ou que a propia Seaga realice traballos nos montes.


Así mesmo, achacoulle á Xunta unha "xestión territorial deficiente" durante os últimos sete anos, e reiterou que é preciso superar o modelo de monocultivo de eucalipto


relacionada Arden 150 hectáreas dentro do parque natural do Xurés
relacionada Os traballadores contra incendios terán a categoría de bombeiros forestais
relacionada Nun só día, 60 conatos de incendio
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE