Este verán só choveu pouco máis da metade do normal nesta época

|

Calorrefrescar


Galicia rexistrou precipitacións "un 42 por cento por baixo do normal" durante este verán. Así o asegura Meteogalicia no seu avance climatolóxico, no que tamén apunta que o estío de 2016 foi "moi cálido e seco", alcanzando "un grao centígrado de diferenza coa media climática".


O informe sinala que a temperatura media de Galicia durante o verán foi de 18 graos. As zonas de alta montaña de Ourense --Cabeza de Manzaneda e a serra de Ou Xistral-- foron as áreas que rexistraron as medias máis baixas.


Por contra, nas localidades do Miño ourensán, o canón do Sil e O Condado as temperaturas medias foron as máis altas, superando os 22 graos centígrados. Deste xeito, o verán de 2016 foi un dos máis cálidos desde que se teñen rexistros, seguido polos dos anos 2013 e 2015.


En canto ás precipitacións, este verán choveu "un 42 por cento menos do normal", similar aos rexistros de 1998, 2005 e 2013. De feito, en varias localidades galegas non se produciron chuvascos no mes de xullo.


MÁXIMA HISTÓRICA EN SANTIAGO


A temperatura máxima alcanzada en Santiago de Compostela o pasado martes 6 de setembro, 38,7 graos, foi unha das máis altas dos últimos 35 anos.


Así, o valor alcanzado o martes foi o terceiro máis alto desde que existen medicións, por detrás dos 40,3 do 20 de xullo de 1990 e os 39,7 do 12 de agosto de 2003.

relacionada A calor provoca nos condutores síntomas similares aos da alcoholemia
relacionada Temperaturas máximas de nivel naranja en las cuatro provincias gallegas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress