PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • eólica
  • Tui
  • policías
  • Moción de censura

Unha epidemia bacteriolóxica por "limpeza inadecuada" no HAC deixa 100 pacientes illados

Dende os sindicatos sinalan que a escaseza do persoal e a falta de formación das limpadoras novas levou a que prolifere esta bacteria porque non se cumpren os protocolos básicos de limpeza.

Redacción
Redacción
| jueves, 8 de septiembre de 2016, 14:19
  • 0
ARCHIVADO EN | HAC CUNQUEIRO limpieza bacteria epidemia

Cunqueiro 5


Representantes sindicais da concesionaria de limpeza do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo denunciaron este xoves a existencia dunha "epidemia" da bacteria 'klebsiella' neste centro sanitario, debido á inadecuada limpeza de habitacións, quirófanos e outros problemas.


Nunha rolda de prensa, a responsable da Federación de Servizos de CIG, Tránsito Fernández, sinalou que a escaseza do persoal (da empresa Acciona) e a falta de formación das limpadoras novas levou a que prolifere esta bacteria porque non se cumpren os protocolos básicos de limpeza. Así mesmo, asegurou que, debido á presenza desta bacteria, hai ao redor dun centenar de pacientes en illamento.


Entre as irregularidades denunciadas está a redución na frecuencia da limpeza de habitacións, quirófanos e zonas comúns, a falta de selado de colectores, os carros de limpeza "que se gardan á beira do lixo", ou a utilización, na rúa, de máquinas varredoras que se usan logo en áreas sensibles do hospital.


"PROBLEMA DE SAÚDE PÚBLICA"


O portavoz de CGT, José Manuel Simón, indicou que os problemas de limpeza e a falta de formación específica das limpadoras está a xerar "un problema de saúde pública", e lamentou que as múltiples denuncias ante a Inspección de Traballo "non serven" posto que "quedan en requirimentos á empresa, que esta incumpre sistematicamente".


Do mesmo xeito, a representante de CC.OO., Violeta Paz, trasladou a súa "preocupación" pola situación do HAC, cuxa persoal de limpadoras está formada por menos de 150 traballadoras, cando os sindicatos estiman que farían falta polo menos 190.


Os sindicatos denunciaron que o Sergas é coñecedor desta situación, e de que "existe un alto risco", pero que se limita a tentar "tapalo". Por iso, anunciaron que iniciarán unha serie de accións de concienciación dirixidas aos profesionais sanitarios e aos pacientes, así como mobilizacións para denunciar a situación do servizo de limpeza.


Pola súa parte, o Sergas desmentiu a existencia desa epidemia.


  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Una colisión múltiple en Barro (Pontevedra) se salda con una persona herida

El jurado considera al acusado del crimen de Chapela culpable de asesinato con dolo eventual

La Xunta trabajará para disponer de un sistema de créditos de carbono de carácter voluntario

Herido un menor atropellado en Culleredo (A Coruña)

Cabeceralomasleido 1
1
La Xunta de Galicia oculta qué hizo en concreto Javier Negre a cambio de 50.000 €
2
La sentencia contra Monbus y Alsa es "solo la punta del iceberg del amiguismo de la Xunta", dicen empresas, sindicatos y oposición
3
El vertido iría hacia Galicia desde el petrolero incendiado, el Greta K, que Portugal rechaza meter a puerto por ahora
4
Otra jornada de reuniones y otro día sin acuerdo entre los letrados, Justicia y Hacienda para frenar la huelga
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora