#Claves de la semana

Pontón pide o voto para abrir "un tempo novo"

Pedíu pasar páxina a sete anos de políticas de recortes que deixan "unha Galicia máis desigual e máis pobre".


|

Anapontoniniciocampaa


A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, reivindicou ao BNG como o partido de quen "confía en Galicia", á vez que pediu o voto para esta formación para abrir na comunidade autónoma "un tempo novo". "Para iso, non chega con cambiar as caras, é necesario exercer o poder político que permita facer un cambio real".


Na apertura de campaña, na Coruña, como recolle no seu comunicado, apelou ao papel "decisivo" da formación nacionalista nese cambio. "O BNG é a candidatura de todas as persoas que confían neste país e vai ser clave para empezar este tempo novo", apostilou.


"Para que podamos construír unha Galicia de emprego e benestar social", recalcou Pontón, para quen, con derrotar ao candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "non chega".


Así, insistiu en que hai que facer "algo tan revolucionario como confiar nas nosas propias forzas, como país e como pobo". "E dicirlles desde aquí --sinalou en alusión a Galicia e as políticas que se fan desde Madrid e Bruxelas-- o que máis nos convén para poñer o país a producir e xerar emprego e garantir o benestar social".


CAMPAÑA "EN POSITIVO"


Ademais, para solicitar o apoio da cidadanía, instou a toda a militancia, simpatizantes e candidatos e candidatas a facer unha campaña "en positivo" e próxima á cidadanía. "Porque temos un proxecto de país, sólido, coherente, fiable e coa vantaxe de contar co aval da experiencia e de gobernos municipais que son un exemplo de cambio real e de capacidade par mellorar a vida das persoas", apostilou.


Ao fío diso, incidiu en que hai unha "maioría" que ve no BNG a garantía de que o cambio non será só "cosmético". Respecto diso, a candidata nacionalista argumentou que hai "moitos galegos e galegas que miran cara ao BNG porque queren unha forza política seria, coherente". "Que teña a súa cabeza e o seu corazón aquí", engadiu.


PASAR PÁXINA Aos RECORTES


Por outra banda, instou á cidadanía para que, co seu voto o 25 de setembro, "pasen páxina a sete anos de políticas de recortes que deixan unha Galicia máis desigual e máis pobre", engadiu sobre as políticas de PP.


Para iso, e fronte ás demais formacións, instou a optar por "unha alternativa propia que aposte por exercer todo o poder político e pola xestión da totalidade dos recursos financeiros do país".


No seu discurso, instou a dar a Galicia "un goberno con proxecto de país para a maioría social, un goberno que confíe nos nosos sectores produtivos para xerar emprego, xestionar os nosos impostos e destinalos a blindar os servizos públicos". "Un goberno con dignidade e coraxe que diga non a Madrid e Bruxelas", dixo sobre as súas políticas económicas.


Neste obxectivo, recalcou que o BNG será "fundamental" para conformar un goberno "disposto a exercer o poder político dunha nación", engadiu Pontón na apertura da campaña.


Nela, esta formación optou por substituír a tradicional pegada pola composición do cartel electoral a través dun mosaico de militantes e simpatizantes que daban forma ao lema da campaña 'Construír Galiza con ilusión, Galiza contigo', coa súa candidata á Presidencia como protagonista.


relacionada ​Villares: “Existen inxustizas que unha sentenza non pode resolver”
relacionada ​Feijóo se erige en "militante de Galicia"
relacionada Leiceaga reivindica que o PSdeG "ten que ser o motor do cambio"
relacionada ​Losada: El de C's "el voto útil" porque es "el que sirve para cambiar las cosas"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE