#Claves de la semana

​O interventor, de nacionalidade española, entre os catro falecidos

Feijóo avanza que se investiga se hai unha quinta vítima mortal e destaca que a primeira UVI chegou en 12 minutos.


|

Accidenteporrio2


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que o interventor, de nacionalidade española, é unha das persoas que perderon a vida no accidente ferroviario ocorrido leste mesmo venres na localidade pontevedresa do Porriño.


En declaracións aos xornalistas no lugar do sinistro, o máximo mandatario autonómico lamentou o falecemento de catro persoas e avanzou que se investiga se hai unha quinta aínda no interior do convoi.


Polo momento, sábese que os falecidos son o interventor, español; o maquinista, portugués; un pasaxeiro, español, que sufriu unha parada cardíaca despois do seu traslado ao hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo e outra persoa que está a ser excarcerada polos bombeiros. A "incógnita" da que falou Feijóo reside en se no interior dun dos vagóns queda outra persoa atrapada.


En paralelo a eses catro falecementos, o presidente deu conta de que son 47 os pasaxeiros que tiveron que ser trasladados: 22 ao HAC, 14 a Povisa, nove ao hospital de Fátima e dous ao momento de atención continuada. "O resto", proseguiu Feijóo, "saíron polo seu propio pé e non necesitaron unha atención sanitaria destacable".


CANTOS VIAXEIROS?


O tren sinistrado cubría a ruta Vigo-Porto e saíu da cidade olívica ás 9,00 horas.


O presidente indicou que se venderon 61 billetes, pero non descartou que houbese algún pasaxeiro máis (ademais do interventor e o maquinista). Pola súa banda, a empresa Comboios de Portugal apuntou que o tren transportaba 69 pasaxeiros.


O que confirmou Feijóo é que este periplo internacional realizábano persoas de diferentes nacionalidades, pois, ademais de españois e portugueses, a nómina de viaxeiros complétase con británicos, coreanos, italianos e persoas de orixe hispanoamericano.


A PRIMEIRA UVI TARDOU 12 MINUTOS


Outro dato achegado polo mandatario galego é que o 061 recibiu a primeira chamada ás 9,27 horas e que a UVI móbil chegou ao lugar do sinistro ás 9,39 horas.


Así mesmo, sinalou que se enviaron "medios suficientes" á zona: tres UVI móbiles, dous helicópteros medicalizados, seis ambulancias asistenciais, persoal de Atención Primaria e bombeiros do Porriño, Vigo e Mos.


Adicionalmente, informou de que a Xunta habilitará "un hotel" no Porriño para que poidan trasladarse as familias que o necesiten e que tamén hai a disposición das vítimas e os seus achegados un equipo de psicólogos.


Por último, o presidente do Executivo autonómico deu conta de que a única familia que se desprazou ata a zona do accidente é a do interventor.



relacionada ​Así es el Tren Celta
relacionada Catro falecidos e 47 feridos ao descarrilar un tren no Porriño
relacionada A Xunta traslada as súas condolencias ás familias dos falecidos do Porriño
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE