O balonmán galego chora a morte de 'Koki' no accidente do Porriño

|

Accidenteporrio3

Accidente ferroviario en Porriño // @MENPERLU


As catro vítimas mortais do accidente ferroviario acontecido este venres pola mañá no Concello do Porriño (Pontevedra) xa foron identificadas. En concreto, trátase do maquinista de Comboios Portugal; dun turista norteamericano; do interventor de Renfe e dun mozo de Vigo de 23 anos.


O vigués falecido no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, Joaquín Rodríguez 'Koki', era xogador de balonmán do AD Carballal, tal e como comunicou a Federación Galega de Balonmán. 'Koki' militaba en primeira estatal co seu equipo.


O organismo federativo informa de que o deportista viaxaba no tren, que cubría a ruta entre O Porto (Portugal) e Vigo (Pontevedra), como pasaxeiro, aínda que estaba a estudar na escola de maquinistas de Santiago.


Coqui


Foi o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen confirmou aos medios a idade e a procedencia do novo falecido, que foi identificado polos seus familiares. Os outros tres mortos --o maquinista, o turista norteamericano e o interventor de Renfe-- faleceron no lugar do accidente.


Na súa visita ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, o titular de Sanidade indicou aos medios que se atenderon un total de 48 pacientes entre o HAC, a Clínica Povisa e a Clínica Fátima de Vigo --contando co mozo de 23 anos falecido no primeiro hospital--.


Dos atendidos, un total de 11 pacientes foron dados de alta, mentres que en Urxencias continúan sendo valorados 27 feridos, entre os tres hospitais. Ademais, foron ingresados un total de nove: dous no HAC, outros tantos na Clínica Povisa e cinco na Clínica Fátima. Non se teme pola vida de ningún deles.


Pacientesaccidenteporrio

Cadro de ingresos, altas e 'exitus' facilitado pola Consellaría de Sanidade tras o accidente

COLABORACIÓN "TOTAL E ABSOLUTA"


Almuiña agradeceu ao equipo sanitario destes tres hospitais, así como ao 061, a colaboración "total e absoluta". É máis, asegurou que houbo profesionais sanitarios que quedaron no hospital tras o cambio de quenda para atender aos feridos que chegaban desde o lugar do sinistro. "Creo que foi unha atención rápida", opinou, en relación á considerable cifra de feridos.


Entre os feridos, hai seis norteamericanos, dous brasileiros, 26 españois, dous uruguaios, tres portugueses, un inglés, un alemán, dous arxentinos e un chileno. Trátase de xente que ía de Vigo ao Porto a pasar o día e a coller o avión.


Pola súa banda, a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue destacou que as reservas de sangue en Galicia son boas e permiten dar unha resposta adecuada ás urxencias xurdidas. Con todo, aquelas persoas que desexen colaborar coa axencia nos próximos días poden informarse sobre os lugares de doazón na web: https://ados.sergas.es


relacionada Renfe activa el Plan de Asistencia a Víctimas de Accidentes Ferroviarios en O Porriño
relacionada ​Así es el Tren Celta
relacionada Obras de mantenimiento en la vía obligaban a desviarse y reducir la velocidad

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress