#Claves de la semana

​UGT esixe que se paralice a aplicación da Lomce ata que se forme goberno

Denuncian tamén os "problemas" de organización existentes na Educación Infantil e Primaria.


|

Lomce2


O sector do Ensino da Federación de Servizos Públicos de UGT esixiu que "se paralice" a aplicación da Lomce ata que se forme goberno e mentres que se manteña a lei de educación anterior.


En rolda de prensa, representantes da Federación de Servizos Públicos de UGT fixeron pública esta demanda con motivo do inicio este luns do curso escolar.


"O razoable sería paralizar a Lomce e que se manteña a lei anterior ata que haxa un goberno en firme que teña a plena capacidade de dialogar", asegurou o secretario xeral da Federación de Servizos Públicos de UGT, Yago de Ron.


Pola súa banda, a secretaria do sector do ensino de Federación de Servizos Públicos na Coruña, Paula Rodríguez, denunciou os "problemas" de organización existentes na Educación Infantil e Primaria.


EDUCACIÓN PRIVADA E UNIVERSIDADE


Así mesmo, referiuse ao "mal estado" no que se atopan moitos colexios, neste caso na provincia da Coruña. "Están a realizarse obras agora, cando vai empezar o curso", lamenta.


Rodríguez tamén denunciou a "precariedade laboral" na educación privada; e no caso da universidade, destacou a súa "falta de financiamento" e a tendencia cara á privatización.



relacionada ​Inicio de curso "conflictivo" por la continuidad de la LOMCE y la temporalidad de las plantillas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE