Pontón será a primeira en "chamar" a Villares e Leiceaga se Feijóo perde

|

Anapontonbng 2


A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, ratificou que será a primeira en coller o teléfono e "chamar" aos aspirantes de En Marea, Luís Villares, e do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, para explorar un goberno alternativo ao que preside actualmente Alberto Núñez Feijóo se o popular perde a maioría absoluta.


Así mesmo, e como xa se pronunciou este mércores durante un mitin en Bueu (Pontevedra), Pontón advertiu de que "non" se equivocará de "inimigo" nesta campaña, despois de que o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras censurase que se presente pola Coruña a pesar de ser natural de Sarria, en contraste con Villares, que o fai por Lugo. Neste contexto, Pontón salientou que "cando un defende a Galicia, defende todos os lugares". 


"Quen decide se ten que haber pactos ou non son os cidadáns cando deciden que teñen que poñerse de acordo ou non", salientou, e apelou en que o escenario que se abriu no Estado cambiou a "demonización" dos gobernos de coalición que se fixo ata agora e orixinou que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "agora defenda un tripartito".


Neste escenario, salientou que se a cidadanía decide o día 25 que "non hai unha maioría clara, esa mesma noite" chamará a Luís Villares e a Leiceaga para "sentar a falar sobre as propostas" que permitan "deixar atrás" un goberno do PP.


"EXCELENTE RESULTADO"


Ana Pontón mostrouse "convencida" de que o próximo 25 de setembro os nacionalistas terán "un excelente resultado". O BNG "ten solidez e ambición", subliñou, para recoñecer que "no pasado equivocáronse e cometeron erros", pero "aprendeu deles" e, por tanto, é "un momento novo".


"E imos dar unha gran sorpresa nas eleccións", augurou Pontón, quen, en todo caso, rexeitou poñer cifras a ese resultado que espera nas urnas.


"Hai un proceso (...), paréceme que hai unhas eleccións e está todo aberto. Hai moita xente que está indecisa. Temos forza e entusiasmo", expuxo ao ser preguntada por cal sería un bo resultado nas urnas. "Sempre hai que aceptar os resultados democráticos e sempre cun sorriso na boca", salientou.


"NON SON MAREÓLOGA"


No transcurso do almorzo, Ana Pontón tamén foi interpelada polas diferenzas entre BNG e En Marea, respecto diso do que puxo como exemplo os gobernos municipais que dirixe o Bloque fronte aos demais. "Vese todos os días", manifestou.


De novo cunha pregunta relativa ás mareas, Pontón fixo gala da ironía para asegurar que ela non é "nin mareóloga" nin estudou "esa especialidade na Complutense".


Licenciada en Ciencias Políticas, a candidata do BNG dixo que a súa "preocupación é que está a pasar no país e como poden ser útiles para que os galegos saian desta situación difícil".


"O máis distinto, o máis revolucionario que se pode ser en Galicia é ser nacionalista e confiar no que temos", sentenciou a candidata do BNG.





relacionada Ana Pontón reta o resto de candidatos a un segundo debate electoral
relacionada ​Quen foi máis convincente no debate da CRTVG?
relacionada Pontón ponse o traxe de panadeira para detallar o seu apoio aos autónomos

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE