#Claves de la semana

​Bascuas, disposto a pactar para "poñer cordura" a un goberno alternativo

Propón estender a tarifa plana de autónomos para incentivar a contratación.


|

XOANBASCUAS


O candidato á Xunta de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, mostrouse disposto a pactar tanto con PSOE como con BNG e En Marea para "poñer cordura" a un goberno alternativo para Galicia. "Hai que poñer a un novo xefe de obra", afirmou.


Así o manifestou durante o almorzo electoral organizado pola Asociación da Prensa da Coruña (APC), e no que trasladou as propostas de Compromiso por Galicia, entre as que destacou a necesidade de "máis autogoberno" e a aposta polos autónomos para incentivar a contratación laboral.


A preguntas dos xornalistas en relación aos resultados das enquisas que sitúan ao PP como primeira forza política, Bascuas dixo que "fallan como escopetas de feiras". Para Bascuas, "as enquisas son cada vez máis instrumentos para facer política e menos barómetros para ver a realidade social".


Ao fío disto, e preguntado pola posible participación de Compromiso por Galicia en pactos para configurar un goberno alternativo, asegurou que o seu partido sitúase nunha "posición central" fronte a outras forzas da oposición, polo que non descarta achegamentos con socialistas así como con BNG e En Marea.


"Poderemos aproximarnos ao PSOE pola súa liña progresista e ao resto de forzas -en referencia a BNG e En Marea- polo seu espírito galeguista", afirmou Bascuas, que considera que Compromiso por Galicia será capaz de "poñer cordura" a un goberno alternativo. "Hai que poñer á fronte a un novo xefe de obra", asegura.


PROPOSTAS


En canto ás propostas que leva Compromiso por Galicia, Bascuas apostou por unha autonomía fiscal, política e enerxética para Galicia, posto que son "ferramentas necesrias" para mellorar a riqueza e a calidade de vida dos galegos.


Ao fío disto, demandou un maior "autogoberno" para Galicia. "Non é por ser galeguista, senón que é unha forma de construír un país e ter unha mellor calidade de vida", di.


Compromiso por Galicia pide que "se complete as transferencias de competencias" a Galicia coa pretensión de poder reformar o estatuto de autonomía. En canto á constitución, opina que é necesaria unha actualización, en concreto na parte referida á configuración territorial.


Así mesmo, Bascuas destacou a aposta polos autónomos galegos. Para iso, propón a creación dun observatorio para a internacionalización deste sector, asesorando sobre onde e como poñer en venda os seus servizos.


"Hai 217.000 persoas autónomas e se fosemos quen de acompañalos á hora do seu traballo e xerar un posto de traballo cada un, acabaríase o paro en Galicia. Se eles crecen, crece Galicia", asegurou.


Entre as propostas para incentivar a contratación laboral, Bascuas propón estender a tarifa plana de 50 euros ata a consolidación da empresa, ademais de manter conxelada a cota para aqueles autónomos cuxos beneficios mensuais non superen os 600 euros.



relacionada ​Promover o coche eléctrico en Galicia, entre as propostas de CxG para o 25S
relacionada ​Compromiso por Galicia aproba as súas listas para o 25S
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE