​O porto de Taragoña (Rianxo) é o último lugar rexistrado polo teléfono de Diana Quer

|

Dianaquermadrejuzgado


Coma na data de desaparición da moza, a Pobra do Caramiñal volve estar en festa. As investigacións agora non están centradas coma ao comezo na propia vila senón en Rianxo, onde se lle perde o rastro a Diana segundo as informacións extraídas polos investigadores grazas ao GPS do teléfono da moza.


Concretamente, e segundo desvela a CRTVG, o Porto de Taragoña sería o último lugar rexistrado polo teléfono de Diana Quer o día da súa desaparición. As investigación céntranse agora no percorrido realizado pola moza en coche entre as tres menos cuarto e as catro da mañá.


Ademais, os investigadores tentan relacionar as transmisións dos teléfonos móbiles coas matrículas dos coches que circulaban no momento da desaparición da moza pola autovía, e que quedaron rexistradas nas cámaras de vixilancia.


Seguen abertas todas as hipóteses pola falta de pistas concluíntes. Segundo informa o mesmo medio, podería haber máis batidas neste punto de Rianxo onde o móbil de Diana deixa de emitir sinal. Ao mesmo tempo tamén é posible que a Garda Civil volva chamar a declarar ás testemuñas para ir atando cabos.


A nai de Diana Quer comparecía este venres no Xulgado de Ribeira en calidade de investigada despois de que lle retiraran o coidado da filla menor. Onte declaraba aos medios que segue coa esperanza de atopar con vida á filla maior e recuperar a custodia da menor, para así “poder abrazar a ambas”. 

relacionada La madre de Diana Quer: "Estoy muy esperanzada de que va a aparecer"
relacionada Diana Quer pudo recorrer en coche hasta 20 kilómetros camino de Rianxo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress