​Dous galegos, na final dos xogos paralímpicos de baloncesto

|

Paralimpicosfinalbasket


A selección española masculina de baloncesto en cadeira de rodas xogará este sábado a final dos Xogos Paralímpicos de Río 2016 despois de derrotar en semifinais a Gran Bretaña por 69-63, co que loitará pola súa primeira medalla de ouro paralímpica da historia, xa que o mellor resultado ata agora era o cuarto posto de Atlanta 96.


Dous galegos, Agustín Alejos e David Mouriz disputarán esta noite ese partido “histórico”. Os xogadores son conscientes de que EEUU é a gran favorita, pero aínda así, porán "toda a carne no asador" para levarse o ouro. “O que é seguro é que non imos regalar nada e imos loitar ata o último segundo”, promete Alejos.



A final disputarase este sábado ás 22.30 horas (horario peninsular) contra o vencedor da semifinal entre Turquía e Estados Unidos.


relacionada Históricas semifinais para o basket en cadeira de rodas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress