Históricas semifinais para o basket en cadeira de rodas

|

Basketsillaruedasrio2016


A selección española de baloncesto en cadeira de rodas clasificouse para as semifinais dos Xogos Paralímpicos de Río de Janeiro, ao impoñerse a Alemaña (70-66), nun partido no que non logrou poñerse por diante no marcador ata o últimos seis minutos.


Despois de acceder a cuartos de final como primeira de grupo con catro vitorias e unha derrota, España atopouse ante un bo escollo no seu intento de entrar en semifinais para loitar polas medallas.


Alemaña, liderada por Alexandr Halouski e Andre Bienek, dominou o partido con solvencia na primeira parte e chegou a ter unha máxima diferenza de dez puntos e de seis ao descanso (34-40).


No terceiro cuarto España mellorou algo os seus parciais con xogadores como os irmáns Zarzuela anotando baixo o aro, aínda que non foi ata o último, a falta de seis minutos, cando logrou igualar o marcador (58-58).


O capitán Asier García, tamén axudou á remontada de España, que a menos de dous minutos do asubío final chegou a ir por diante no marcador (66-62) con catro de vantaxe.


Unha perda de balón de España en metade da cancha a falta de vinte segundos permitiu que Alemaña se puxese a un punto, pero a fortaleza defensiva que demostrou o equipo dirixido por José Manuel Artacho ante o asedio xermano no momento crucial serviu para manter a mínima diferenza e ampliala con tiros libres.



relacionada La selección masculina de baloncesto en silla de ruedas disputa los cuartos de final

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress