Os doutores galegos reivindican fortalecer a relación médico-paciente

|

Medicopaciente


O sindicato médico CESM Galicia reivindica unha política de persoal "adecuada" e o "fortalecemento da relación médico-paciente", así como permitir que o profesional xestione a súa axenda e "seleccione o momento máis adecuado para atender" as consultas telefónicas.


Así o manifestou o sindicato médico CESM Galicia nunha mesa celebrada o pasado xoves con representantes do PPdeG, PSdeG e BNG, encontro ao que tamén estaban convidados representantes de Cidadáns e de En Marea, "pero estes dous grupos non tiveron a ben responder", segundo puntualizou.


Durante este encontro os representantes dos partidos políticos recibiron un documento elaborado polo sindicato titulado 'Carencias, abusos e outros', onde expón "o máis imprescindible que debe retomar o goberno que saia das urnas o próximo 25".


Nese documento, CESM reclama unha "política adecuada" de persoal mediante a que se contrate "en condicións dignas", polo que avoga por "proscribir as contratacións por días" e "os contratos encadeados por meses que acaban durando anos".


Ademais, defende CESM Galicia a necesidade de "tempo" para o "fortalecemento da relación médico-paciente"; así como unha "e-consulta para mellorar a relación entre niveis". "Para lograr rapidez no acceso, non para limitar o acceso ás consultas hospitalarias ou contabilizalas como primeira consulta", puntualiza o sindicato.


CAMBIOS


Entre os puntos reivindicados, reclama formación para persoal facultativo porque "é un dereito e un deber", así como que "se reformule ou elimine" a configuración das denominadas xerencias integradas (EOXI) porque "se a idea era mellorar a interacción entre primaria e hospital, a idea non funciona", segundo sostén CESM.


Así mesmo, reclama "bos directivos, avaliados con parámetros obxectivos, que inclúan a valoración por parte do persoal ao seu cargo e absolutamente apartados de criterios de amiguismo".


Finalmente, CESM Galicia tamén demanda o recoñecemento de esforzos. "Estamos fartos de que os políticos se poñan as medallas que non lles correspondan ou presuman da súa xestión, cando é o esforzo dos profesionais o que mantén o sistema sanitario".


"Pedíusenos o esforzo e os profesionais cumprimos con fartura. Hora é de que se nos recoñeza. Que se valore aos profesionais, con algo máis que palmadiñas nas costas", defenden, para concluír coa petición de que "se active a carreira profesional". "Que se devolva o que se nos quitou. A cada un, o seu", sentenza CESM Galicia.



relacionada ​La Valedora admite a trámite la petición de reactivar la Carrera Profesional de Enfermería
relacionada Esixen a "fin da precariedade laboral" no Sergas tras a sentenza sobre contratación da UE
relacionada Pacientes do CHUS denuncian "criterios discriminatorios" do Servizo de Neuroloxía

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress