#Claves de la semana

​O Porriño celebra hoxe un funeral polas vítimas do sinistro

Unha persoa continúa ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro. O bispo de Tui-Vigo presidirá o acto.


|

TrenceltaaccidentePorrio


O bispo da Diocese Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fuiza, presidirá este mércores o funeral polas vítimas do accidente ferroviario ocorrido o pasado 9 de setembro, no que morreron 4 persoas --entre elas o maquinista e o interventor-- e outras 49 resultaron feridas de diversa consideración.

Tal e como informou o Bispado nun comunicado, o funeral oficiarase ás 19,30 horas deste mércores na parroquia de Santa María do Porriño, localidade na que se produciu o descarrilamento do tren e que pertence á diocese de Tui-Vigo.

Este martes continúa ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo unha única persoa, que "vai evolucionando", segundo informou o Sergas a Europa Press.

Mentres, recibiron o alta as outras 48 persoas feridas: 21 no HAC, dous no PAC do Porriño, 10 na Clínica Fátima e 15 na Clínica Povisa.

relacionada "No me cabe en la cabeza, si reconoció las dos señales, sabe que tiene que frenar"
relacionada Reúnen aos sanitarios que atenderon os feridos do Porriño para recoñecer o seu labor
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE