#Claves de la semana

​O alcalde das Nogais: "Se unha veciña precisa transporte hai que solucionalo como sexa"

O popular Jesús Manuel Núñez Díaz falou así sobre a situación da septuaxenaria que se despraza diariamente en taxi a Ferrol para o tratamento do seu cancro. 


|

Taxistas


O alcalde das Nogais (Lugo), o popular Jesús Manuel Núñez Díaz, emprazou a que se "solucione" o do transporte á veciña de 75 anos Pilar Chao, que se ve obrigada a desprazarse en taxi ata Ferrol, polo que percorre diariamente 342 quilómetros, para un tratamento na cámara hiperbórica na cidade naval e que lle supuxo un desembolso de 8.550 euros.


Núñez Díaz apela a que "se necesita transporte hai que solucionalo da maneira que sexa" ou "compensalo economicamente, ou buscarlle un transporte adaptado", propuxo.


O rexedor, aínda que afirmou que "non" coñece o caso "exactamente", volveu a incidir en que "se hai un problema hai que tratar de solucionalo".


O alcalde asegurou que a familia da muller non se puxo en contacto con este Concello da montaña de Lugo, "en ningún momento". Con todo, brindou a "unha colaboración total" coa familia e "interceder onde faga falta ou buscar a solución que sexa necesaria".


"Pola nosa banda estamos dispostos a buscar a esta veciña, como a calquera outro veciño, a solución máis apropiada para ela", reiterou o ofrecemento.


A septuaxenaria afectada desprázase en taxi ata Ferrol, servizo polo que abona 190 euros, que despois de 45 sesións ascende a 8.550 euros.


relacionada ​Una anciana de As Nogais gasta 8.550 euros para desplazarse al tratamiento de su cáncer
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE