Jácome denuncia ao Concello de Ourense por "enchufar" a 25 persoas entre 2003 e 2007

|


Perezjacome


O portavoz de Democracia Ourensá (DO), Gonzalo Pérez Jácome, presentou este xoves unha denuncia contra o actual xefe da área de Persoal do Concello de Ourense, Javier Rodríguez Nóvoa, por un suposto delito de prevaricación ao "enchufar de forma descarada" a 25 persoas na súa anterior etapa no Concello, durante o último mandato do 'popular' Manuel Cabezas á fronte da corporación local (2003-2007).


"É unha prevaricación de libro, practicamente igual á que fixo Baltar pai cando foi inhabilitado por enchufar a 100 persoas para conseguir que o seu fillo fose o seu descendente no poder", dixo o líder de DO momentos antes de presentar a denuncia ante a Fiscalía nos xulgados de Ourense.


Jácome confirmou que a súa formación política "vai acudir" como acusación particular contra o actual xefe de persoal, Javier Rodríguez Nóvoa, "enchufado polo alcalde de Ourense" e sinalou que DO vai pedir que se lle inhabilite durante dez anos para que "se teña que ir para casa con suspensión de emprego e soldo".


O portavoz de DO asegurou que durante a súa etapa como xefe do Departamento de Persoal con Manuel Cabezas, Rodríguez Nóvoa "enchufou sen informes previos" a 25 persoas, das cales "algún xa está xubilado".


"En abril e maio de 2007, antes de que o PP perdese as eleccións e para curarse en saúde meteron aos seus sen facer o que marca a lei", insistiu Pérez Jácome, quen negou interese electoral na presentación da denuncia, senón que se presenta "días" despois de que o Concello "lles facilitase" os documentos.


Nas súas declaracións o líder de DO tamén acusou a "os seguintes" (o bipartito do PSOE e BNG) de "non realizar a denuncia" cando sucederon aos 'populares' á fronte do Concello "porque fixeron un cambio de cromos".


relacionada ​128 nuevos puestos de trabajo en la Diputación de Ourense a escasos días de las elecciones

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress