Reclaman que o Celta cofinancie a reforma de Balaídos

|

Himnobalaidos


A Marea de Vigo reclamou que o Goberno municipal firme un novo convenio co Celta de Vigo para que haxa "corresponsabilidade económica" que responda á reforma do estadio de Balaídos, ante o que o alcalde manifestou que o seu obxectivo é "que o Celta xogue nun gran campo", para que a imaxe do estadio e o Celta "estean acordes co que é esta cidade".


Nunha rolda de prensa, o portavoz da Marea Rubén Pérez, reclamou ao Celta "que colabore" economicamente, porque aínda que a cidade ten que pagar a reforma por ser un edificio municipal, entende que habería que cambiar o convenio despois para que o club colabore, xa que "a cidade fai un esforzo brutal con 30 millóns, que son 15 anos de cheque social".


Así as cousas, propuxo que o Celta pague un aluguer mensual polo uso do estadio, que ceda parte dos ingresos que vai ter por participar na UEFA, ou que haxa un novo convenio "absolutamente vantaxoso para ambas as partes". "Non creo que Celta teña ningún problema en botar unha man en cuestións que son tamén para o desenvolvemento do club", considerou.


"Hai un investidor importante que é quen o está desgastando, que é o Celta, por tanto, o primeiro investidor que ten que poñer diñeiro e axudar á cidade de Vigo a que o estadio estea adaptado á UEFA é a entidade privada que vai facer negocio", insistiu.


IMAXE DA CIDADE


Nunha rolda de prensa posterior, ao ser preguntado por estas declaracións, Caballero respondeu preguntando se estas medidas están a aplicalas os alcaldes das mareas na Coruña, Ferrol e Santiago no relativo aos clubs de fútbol e os estadios dos seus municipios. "Non vaia a ser que alí digan unha cousa e aquí outra", ironizou.


O rexedor xustificou a reforma "porque o Celta é un gran equipo no mundo" e como tal ten que "ter un campo á súa altura", e comentou que o fútbol tamén forma parte de "a imaxe que lanza unha cidade --porque-- o ven millóns de persoas".


Ademais, incidiu en que, en todo caso, "o fútbol devolve cento por un". "O que se inviste no fútbol devolve 100 veces máis á economía da cidade polo que mobiliza directamente e de forma indirecta", concluíu.



Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress