#Claves de la semana

Feijóo espera que a "mensaxe" de Galicia e Euskadi oriente a política española

Avala a Mariano Rajoy de cara a unhas terceiras eleccións. 


|

Feijoo rajoy 2


O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que "a mensaxe" que Galicia e Euskadi deron nas urnas este domingo --co seu logro de salvar a única maioría absoluta autonómica-- "debería ser entendido polos responsables do bloqueo", en alusión ao PSOE, e, en consecuencia, "útil" para "orientar a política española das próximas semanas".


"Galicia volve acreditar que non só non é un problema para España, senón que pode ser unha solución", aseverou, nunha intervención ante o comité de dirección do PP galego, na que insistiu en ligar o seu futuro a Galicia, coa que prometeu "cumprir o contrato" selado nas urnas ata 2020.


Ao tempo, aínda que espera que o PSOE recapacite, avalou a Mariano Rajoy como candidato do PP ante unhas terceiras eleccións xerais. Ao seu xefe de filas, agradeceulle de novo a súa implicación na campaña e tamén a súa "lealdade co seu partido, con Galicia e con España". "Esta tarde imos darlle un abrazo no Comité Executivo", remarcou.


Precisamente, explicou que con Rajoy xa falou por teléfono "tres ou catro veces" e que lle trasladou que está "moi contento", ademais de incidir no "acerto" de que Feijóo finalmente decidise volver presentarse en Galicia. Agora, subliñou, o líder estatal ten "o plus de lexitimación de gañar na casa".


Entre as chamadas de felicitación que lle chegaron nas últimas horas, Feijóo destacou a do Rey Felipe VI. "Supoño que o que quere é que lle transmita a súa felicitación a Galicia, onde el virá pronto porque vai inaugurar aquí o curso escolar", sinalou.



relacionada Feijóo y Urkullu seguirán gobernando, Pedro Sánchez lo tiene negro
relacionada ​O PPdeG de Feijóo revalida a súa maioría absoluta
relacionada Rajoy, reforzado y Pedro Sánchez, tocado de muerte
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE