#Claves de la semana

Sestayo: "Jorge Suárez fai da nova política a incitación ao transfuguismo"

A líder local dos socialistas advirte ás dúas concelleiras críticas, que seguen no goberno, de que terán que "deixar o grupo socialista".


|

Beatrizsestayoferrol


A secretaria xeral do PSOE en Ferrol, Beatriz Sestayo, asegurou que "o órgano lexitimado deste partido" na cidade "é a Executiva, que foi elixida de maneira democrática en asemblea, e cuxas decisións teñen que ser acatadas polo grupo municipal", segundo a dirixente socialista, quen se sente, ademais, "lexitimada por todos os órganos do partido".


Con esta afirmación, a tamén portavoz do grupo municipal no Concello de Ferrol, quixo saír ao paso das manifestacións realizadas por Rosa Méndez, unha das edís contrarias á súa xestión e que este martes pedía "a arbitraxe dos órganos superiores do partido" a través doutras executivas, "ben a provincial, rexional ou federal", para resolver a situación creada tras aprobar este partido abandonar o Goberno bipartito con Ferrol en Común (FeC), o partido liderado por Jorge Suárez.


Esta mesma mañá nunha entrevista na Radio Galega, Sestayo criticou a actuación do alcalde, por manter no Executivo as dúas edís díscolas. "Parece que fai da nova política a incitación ao transfuguismo", afirmou. Ao mesmo tempo, asume que as dúas concelleiras abandonará o grupo municipal socialista: "Se se presentab baixo as siglas do Partido Socialista, cun programa, cando un deixa de defender ese programa e estar suxeito ás decisións do partido, se pasas dunhas siglas a outras, terás que deixar o grupo socialista, claro".


A líder do PSOE na cidade naval tamén asegurou onte que rexistrara xa no Concello "a saída dos cinco concelleiros do grupo" e nos próximos días espera que se dea esa situación.


APOIO DO PARTIDO


Sestayo tamén desvelou que mantivo xa algúns contactos con "outros órganos do partido e que me manifestaron o seu apoio, sen excepción, como non podía ser doutra forma, ante o que consideran unha decisión unilateral e francamente irresponsable por parte do alcalde de Ferrol".


A edil ferrolá xa adiantou que o grupo municipal "fará unha oposición construtiva, leal e responsable e dará cumprimento de maneira escrupulosa a aqueles puntos cos que nos comprometemos coa cidadanía".


AS CONCELLEIRAS MANTEÑEN TODAS AS SÚAS COMPETENCIAS


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), asegurou onte pola tarde que o Goberno municipal desta cidade "está agora mesmo composto por Ferrol en Común e as dúas concelleiras" socialistas "que manteñen todas as súas competencias", María Fernández e Rosa Méndez, que "están á espera do que resolva o seu partido, pero están a traballar diariamente".


Ademais, Suárez apuntou que non refuga a opción de presentarse a unha moción de confianza ante o pleno, xa que quedaría "nunha posición moi complicada para sacar adiante" o seu "proxecto político, que requiren duns orzamentos, e para poder aprobar os mesmos, con oito concelleiros" será necesaria "unha cuestión de confianza".


LIBRES DE CARGAS


Jorge Suárez tamén trasladou que está convencido de que, a partir de agora, o Goberno de Ferrol poderá gobernar de forma máis sinxela, xa que "se se tomou esta decisión foi pola desconfianza e a falta de lealdade. "Agora estamos e vémonos un pouco libres de cargas", sinalou.


O rexedor de Ferrol en Común tamén asegurou que, en caso de quedar á fronte do Goberno cos seus seis edís, non ten pensado "renderse" a "pesar de todas as dificultades". "Pensamos que temos a capacidade para sacar adiante as nosas propostas políticas e non me vexo a día de hoxe con tan só seis concelleiros e teño a expectativa que isto se solucione máis pronto que tarde", manifestou.

relacionada As diferenzas persoais rachan o goberno de coalición de Ferrol
relacionada ​O alcalde de Ferrol retira as competencias máis importantes a Beatriz Sestayo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE