#Claves de la semana

Caballero dá por disolta a Executiva: "Ocorreu outras veces, non entendo o dramatismo"

Mostrouse partidario de que unha xestora dirixa ao PSOE ata o próximo congreso. 


|

Abelcaballero 2


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este xoves que onte a Executiva Federal "quedou disolta" ao dimitir dezasete membros da mesma, e engadíu: "Ocorreu outras veces, non entendo o dramatismo dalgúns".


"No PSOE hai uns estatutos e unha tradición, e é que cando se disolve a Executiva, faise cargo do partido ou ben os comités rexionais ou nacionais, ou ben unha xestora que dirixa ao partido ata o próximo congreso" explicou Caballero nunha entrevista en Onda Cero, recollida por Europa Press na que deixou claro que el é partidario dunha xestora.


En relación á elección dun novo secretario xeral, o tamén presidente da FEMP, afirmou que será a militancia a que o decida, do mesmo xeito que "o rumbo do partido". Caballero mostrouse sorprendido pola "facilidade" coa que algúns dirixentes do PSOE argumentan "de forma sesgada". "Os mesmos que defenden que siga funcionando unha xestoría en Galicia, son os mesmos que din que non se pode pedir un cambio de dirección ou de actitude política" sinalou.


Ao ser preguntado por se considera a Pedro Sánchez como o "peor secretario xeral que tivo o PSOE", Caballero explicou que "non hai que enfocalo desa maneira", que é unha situación "complexa", que non pode quedar en "reduccionismos a unha soa persoa". "Está claro que levamos un rumbo equivocado, onte dicíao Felipe González e eu compártoo enteiramente" afirmou o socialista galego.


En relación á posibilidade dunhas terceiras eleccións, Caballero sinalou que sería "moi malo" para España e para o propio Partido Socialista. "Non teño memoria de ningún país democrático que celebrase dúas eleccións sen obter ningunha solución de goberno, por certo, eleccións ás que nos levou Podemos, eses que agora dan leccións de democracia", afirmou.


Caballero afirmou que é unha situación "moi difícil" porque se o candidato a presidente do Goberno do PP, Mariano Rajoy, non saíse investido e houbese unhas terceiras eleccións, "o PP podería obter maioría absoluta". "Temos que pensar primeiro nos intereses de España e despois nos intereses do partido".


O alcalde socialista explicou que ten que "haber debate no PSOE" para decidir "o rumbo do partido", que non todo se reduce a "Rajoy si ou Rajoy non", porque se asi fóra, sempre sería "non a Rajoy". "Hai moitas máis cuestións a ter en conta", sinalou.



relacionada Pilar Cancela: "Algúns tentan evitar a votación por todos os medios"
relacionada 17 críticos presentan as súas dimisións para forzar a saída de Sánchez
relacionada ​Pablo Iglesias tacha de "fraude" que queiran "facer caer" a Sánchez con dimisións
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE