#Claves de la semana

Pilar Cancela: "Algúns tentan evitar a votación por todos os medios"

A presidenta da xestora do PSdeG acusa os dimisionarios dun "intento de roubar á militancia o seu dereito e capacidade de decisión".


|



Pilarcancela 2


A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, censurou o papel dos dimisionarios da executiva federal, a quen acusou de estar a tentar "evitar" que os militantes voten para decidir "o rumbo" do partido.


E é que, segundo unhas declaracións aos medios públicos galegos difundidas polo PSdeG, Cancela interpretou as dimisións como "un intento" de evitar o Comité Federal do PSOE que, previsiblemente, terá lugar o vindeiro sábado para convocar o congreso.


Tras sentenciar que é nos órganos do partido "onde hai que falar", proseguiu coas súas críticas ao "intento de roubar á militancia socialista o seu dereito e capacidade de decisión". Por tanto, xulgou, esas dimisións non chegan "no momento máis oportuno" nin constitúen "a ocorrencia máis oportuna".


Preguntada sobre o peso deses cadros críticos do PSOE, entre os que figuran varios presidentes autonómicos, a dirixente socialista apuntou que iso se verá "cando se vote", por iso é polo que algúns estean "a tentar evitar esa votación por todos os medios".


Con todo, lembrou que "afortunadamente" a día de hoxe as decisións no PSOE tómanas as bases. "Son os militantes os que teñen o peso", recalcou, antes de expor: "Non sei desde cando no PSOE temos tanto medo ao exercicio democrático".


"O RUMBO" DO PSOE


Dito isto, puntualizou que o obxectivo desta votación ten carácter ideolóxico e non orgánico. "Estamos a falar do modelo de partido que queremos e de que posicionamento político, que rumbo, ten que tomar o PSOE", advertiu.


Neste sentido, profundou en que o debate pivota entre quen postula que ha de ser "un partido de centro e máis moderado" e entre quen prefire que "volva ser un partido de esquerdas".


"Eu digo que o PSOE é de esquerdas", proclamou, para xustificar con iso a súa negativa para permitir a investidura de Mariano Rajoy e dar por feito que os afiliados avalan esta postura.


Sexa como sexa, Pilar Cancela apelou a que acabe impoñéndose a "sensatez" nas filas socialistas "unha vez que a militancia vote". A partir de aí, agregou, a "obrigación" e a "responsabilidade" de todos os cargos será "tender pontes e sumar".


FELIPE GONZÁLEZ


Ao fío diso, foi cuestionada sobre as declaracións do expresidente Felipe González na Cadena SER, onde manifestou que sentía "enganado" por Pedro Sánchez porque lle transmitiu que se abstería en segunda votación.


Para Pilar Cancela, esas palabras "non achegaron absolutamente máis nada que profundar aínda máis no problema" e iso, ao seu xuízo, non é o que se espera de "os líderes e referentes de sempre", que deben "contribuír a sumar".


"Hai conversacións", sobre todo en asuntos "tan transcendentais", que "deben quedar no ámbito privado e da discreción", finalizou.

relacionada Cancela ve un "suicidio" as dimisións e cre que 17 non bastan para botar a Sánchez
relacionada ​Lo que queda de la Ejecutiva de Sánchez se reúne frente a amenazas de disolución
relacionada 17 críticos presentan as súas dimisións para forzar a saída de Sánchez
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE