​A Xunta mellorará as entradas do Camiño en Compostela coa vista posta no Ano Santo 2021

|

Caminosantiago 1


O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves a mellora e adecuación da entrada en Compostela das rutas xacobeas para "avanzar na excelencia turística" da capital galega e coa vista posta no Ano Santo 2021, posto que aspira a que sexa "histórico".


Tras a reunión semanal do seu Executivo, Feijóo destacou a intención do seu Executivo de dar "un novo impulso" ao Camiño de Santiago, e avanzou as propostas de actuación para a integración paisaxística das rutas na capital galega.


En concreto, o mandatario autonómico sinalou que no Camiño Francés os peregrinos senten desorientados ao pasar pola ponte de San Lázaro e ao chegar ao cruce entre a Avenida de Lugo e Concheiros.


FINALIZADO EN 2019


Así mesmo, Feijóo indicou que se traballa coa previsión de que todas as actuacións estean finalizadas en 2019, con tres etapas. Na primeira, entre setembro e decembro deste ano, contémplase a realización dun estudo para a mellora da permeabilidade da Avenida de Lugo na contorna do Camiño.


Ao longo de 2017 redactaranse os proxectos de execución das tres zonas prioritarias, e entre 2018 e 2019 levará a cabo a execución das tres actuacións propostas e a súa posible extensión a outros puntos do Camiño.



relacionada ​"En el Camino de Santiago todas las personas somos iguales"
relacionada La accesibilidad, el reto del Camino de Santiago

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress