#Claves de la semana

A primeira iniciativa do BNG na nova lexislatura será esixir un 'plan retorna'

Pide que este plan se inclúa nos orzamentos para 2017 cun mínimo do 1% dos recursos da Xunta.


|

BNGparlamentarios


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que a súa formación ten o "reto" de "liderar unha oposición seria, rigorosa, de ideas" nunha lexislatura na que a súa primeira iniciativa será esixir a posta en marcha de "un plan retorna" que permita que as persoas emigradas "teñan oportunidades de volver".


Ana Pontón pronunciouse deste xeito tras reunirse cos cinco deputados que, xunto a ela, forman o grupo parlamentario do BNG, que definiu como un "grupo renovado" que "suma persoas novas" pero tamén "experiencia e capacidade" para converter o Parlamento de Galicia "no centro da vida política".


Ás portas da Cámara galega, a dirixente nacionalista presentou a que será a primeira iniciativa do Bloque na nova lexislatura unha vez que se constitúa o Parlamento. Así, anunciou que reclamarán a posta en marcha dun "plan retorna" que "sirva para que as persoas que tiveron que emigrar teñan oportunidades de volver".


RECURSOS


"Este plan tería que estar xa consignado nos orzamentos para 2017 cun mínimo do 1% dos recursos da Xunta e destinar ese diñeiro para contratar investigadores, tecnólogos, persoal en sectores estratéxicos no noso país", sinalou.


Así mesmo, tamén considerou "importante" que, a través do empredimiento de autónomos, se favorecese que a "xente que marchou puidese volver a Galicia a través da creación da súa propia empresa"; así como dar facilidades "desde o punto de vista de acceso á vivenda e de mellorar a súa formación".


E é que para a dirixente nacionalista a "emigración xuvenil" é un dos "grandes problemas" que ten Galicia. "Esperamos que nesta lexislatura haxa a posibilidade de favorecer o retorno de todo ese talento, que é necesario para que teñamos máis oportunidades", indicou.


"CAMPAÑA"


Por outra banda, pregunta por se a unidade do BNG favoreceu á formación fronte a outros partidos, Ana Pontón vinculou o mantemento dos seus apoios á "campaña de ideas, en positivo e de propostas" realizada antes das eleccións autonómicas.


Así mesmo, tamén sinalou que "houbo unha aposta porque houbese un espazo político do nacionalismo con fortaleza" que, na súa opinión, agora deben "ampliar e consolidar". "Creo que o feito de que sexamos un proxecto definido, claro, rigoroso e con propostas en positivo para o país axudou", considerou.


CRISE DO PSOE


Cuestionada pola crise interna que vive o PSOE, Ana Pontón, enmarcou a situación interna xurdida tras os resultados electorais das pasadas eleccións galegas e vascas nunha "crise" do "propio réxime", do "sistema de partidos saído despois de 1978".

"Estamos ante unha crise sen precedentes pero que non podemos a reducir exclusivamente a unha crise interna do PSOE", manifestou a líder do Bloque ao ser preguntada respecto diso polos xornalistas nun acto celebrado este venres en Santiago de Compostela.

Neste sentido, ademais desta "crise" do sistema de partidos do "réxime", Ana Pontón considerou que tamén inflúe na situación interna do PSOE o feito de que existan "poderes fácticos económicos que están a presionar para favorecer un goberno da dereita"; así como a "incapacidade" tanto do PSOE como de Podemos para "constituír un goberno alternativo".

"É preocupante que ese sexa o escenario que hai por diante, veremos se resultan unhas terceiras eleccións ou se ao final vaise a avalar un goberno da dereita que non sería nada positivo", manifestou.

relacionada Ellas y ellos ocuparán los asientos en el nuevo Parlamento
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE