CGT denuncia que 650 trens rexionais circularon sen revisor nos meses de verán
Segundo os sindicatos, esta situación significa un empeoramento na calidade do servizo e diminúe os ingresos, ademais do efecto que ten nos propios traballadores.

O sector ferroviario de CGT en Galicia denunciou que uns 650 trens de Renfe Media Distancia circularon sen persoal de intervención polas infraestruturas galegas durante os meses de xullo, agosto e setembro. Nun comunicado, explica que esta situación "vén motivada pola falta de cadro de persoal" nas residencias de intervención de Vigo, A Coruña, Ourense e Monforte.
Como principal argumento, incide en que grazas aos acordos asinados por Renfe con Semaf, UXT e CCOO, os traballadores acóllense ao plan de desvinculacións e non están a ser substituídos.
Debido a esta conxuntura, segundo CGT, Renfe non dispón de cadro de persoal para cubrir a operativa diaria de atención ao cliente a bordo dos trens, o que provoca "unha importante diminución de ingresos" (calculan que Renfe viaxeiros deixou de ingresar uns 15.000 euros pola non venda de billetes nos trens entre xullo e setembro) e "un empeoramento da calidade do servizo".
Ante esta situación, o sector ferroviario de CGT en Galicia enviou unha carta ao coordinador de Renfe na comunidade e ao xerente de Media Distancia solicitando a cobertura de 35 prazas de persoal comercial (intervención e atención ao cliente) nas convocatorias de traslados, ascensos e ingresos que están a piques de resolverse.
Por último, insta que se evite a subcontratación de operacións directamente relacionadas co ferrocarril, neste caso, a atención ao viaxeiro. Por iso, piden a "internalización" dos postos de atención ao viaxeiro e venda de billetes que nestes momentos realizan empresas privadas en Ourense e Compostela, "con contratacións en precario centralizadas desde Madrid".
Adif lanza una oferta de empleo para incorporar a 205 nuevos trabajadores
Escribe tu comentario