​Acusan á cúpula pontevedresa do PSdeG de "deslealdade" ao partido

|

Abelcaballerosanchez


A corrente Esquerda Socialista en Galicia denunciou a actitude "desleal" de "algúns militantes do PSdeG con responsabilidades públicas encabezados" polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, aos que acusa de traballar "en contra" do candidato á Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, nas pasadas eleccións autonómicas.

A coordinadora da corrente en Galicia remitiu un comunicado aos medios no que asegura que a "deslealdade" ao partido mostrada por estas persoas "invalídaas" para pertencer ao mesmo. "Resulta dun cinismo impresentable que os que incendiaron na campaña electoral galega queiran agora pedir responsabilidades", censura.


Nesta liña, considera que a xestora do PSdeG encabezada por Pilar Cancela "é perfectamente legal, nomeada por unha executiva elixida democraticamente" e sinala que "ningunha outra xestora pode alterar esta situación". Con todo, reclama a convocatoria, canto antes, de primarias e congreso extraordinario para que a militancia poida expresarse".

Así mesmo, condena que a "maioría dos membros galegos do Comité Federal (Abel Caballero, Carmela Silva, María Quintas, José Blanco, Marisol Soneira, Pablo García, Mar Barcón, Antón Louro e Ricardo Varela)" apoiasen o "golpe de man antidemocrático" dado polos 17 membros do CEF que presentaron a súa dimisión para "eliminar" o xa exsecretario xeral, Pedro Sánchez, elixido en primarias e "impedir a convocatoria" doutros comicios internos.

Respecto diso, Esquerda Socialista subliñou que "se non se está de acordo cun secretario xeral e preténdese destituílo, o camiño é a presentación dunha moción de censura, tal e como está regulado na normativa do PSOE".

Ademais, lamentaron o "deleznable espectáculo dado na reunión do Comité Federal" e lembraron que "o voto non á investidura de Rajoy" está avalado por este órgano e que "nada substancial cambiou en relación ao PP para modificar tal decisión".

relacionada ​La gestora del PSdeG, en la cuerda floja
relacionada ​Máis presión para que Pilar Cancela "asuma responsabilidades"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress