#Claves de la semana

Sindicatos esixen que o Sergas cubra todas as prazas estruturais con persoal interino

Almuiña, partidario de avanzar na "estabilización", alega que hai que estudar a sentenza da UE e que o goberno está en funcións. 


|

Mariaxoseabuincig


Representantes das organizacións con representación na mesa sectorial (CIG-Saúde, UXT, Satse e CSI-F) compareceron este luns en rolda de prensa para denunciar o "carácter fraudulento" das contratacións sucesivas de persoal para cubrir prazas estruturais no Sergas e demandar a súa cobertura "atendendo á legalidade vixente" no pacto de contratación.


Os sindicatos explicitaron a súa postura conxunta despois de transcender a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE que obriga a dar estabilidade a traballadores que encadean anos de contratos eventuais, unha cuestión sobre a que xa houbo un primeiro encontro con responsables de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas).


Na rolda de prensa deste luns, a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explicou que no Sergas "xa existen sentenzas nas que se recoñece o carácter fraudulento" na contratación e declaran a condición de persoal interino dos profesionais denunciantes.


Xunto a iso, lembrou que as organizacións sindicais demandan desde 2010 que "todas as prazas estruturais se cubran con persoal interino" procedente das listas de contratación e atendendo ao criterio de prelación.


"A xente está ordenada nesta lista por superar máis dun proceso selectivo sen alcanzar praza, por acreditar moitos anos de experiencia profesional e pola súa formación, que engade valor ao traballo", remarcou Abuín, quen insistiu en que é o Sergas o que "ten que ordenar o seu cadro de persoal e non os xulgados".


Por iso, reclamaron a inmediata convocatoria da mesa sectorial ao entender que a Administración "non se pode paralizar" a pesar de estar o goberno en funcións. "Non estamos de lexislar nin de pactar nada novo, senón de cumprir a lei e aplicar as normas que xa existen", esgrimiu.


AVANZAR NA "ESTABILIZACIÓN"


Pola súa banda, en declaracións aos medios nun acto en Santiago, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, subliñou que á Xunta preocúpalle esta cuestión e que, precisamente por iso, mantivo unha primeira toma de contacto coas centrais sindicais.


"Somos conscientes de que é un tema moi importante e contamos coa idea de facer esa estabilización", asegurou, antes de subliñar que, na actualidade no Sergas "xa hai unha estabilización moi importante do persoal, en torno ao 80 por cento".


"E queremos seguir avanzando, houbo unha primeira reunión para ver as percepcións dos sindicatos, que non sempre son uniformes e seguiremos reuníndonos, pero estamos en fase de estudo da sentenza e cun goberno en funcións que non pode tomar decisións de transcendencia", resolveu.

relacionada ​O Sergas analiza cos sindicatos a situación dos nomeamentos eventuais de persoal
relacionada ​CCOO esixe que se convoquen 3.500 prazas no Sergas para reducir a alta temporalidade
relacionada ​Sanidade estudará a condena ao Sergas por "fraude" en contratación de eventuais
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE