#Claves de la semana

​CCOO esixe que se convoquen 3.500 prazas no Sergas para reducir a alta temporalidade

A porcentaxe de temporalidade actualmente no Sergas é do 30%, segundo CCOO, polo que reclaman unha OPE "excepcional". 


|

Enfermeros


A Federación de Sanidade de CC.OO. en Galicia esixiu á Administración galega a convocatoria dunha oferta pública de emprego (OPE) excepcional para "terminar coa precariedade laboral" no Sergas.


A petición do sindicato fai referencia a recentes sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea, que declara "contrario á normativa comunitaria"encadenamiento de contratos "que practican, entre outros, os servizos autonómicos de saúde".


O secretario xeral de CC.OO-Sanidade, Anxo Cameselle, lembrou que o sindicato "leva anos denunciando estas prácticas", porque "precarizan a actividade laboral" cubrindo "necesidades permanentes" con "contratos sucesivos".


Na mesa sectorial que se celebrará este venres, día 7, CC.OO. demandará unha oferta de emprego público de carácter excepcional con 3.500 prazas, que permitiría reducir a porcentaxe de temporalidade, que é actualmente do 30 por cento.


RECLAMACIÓN DE ASMIG


Por outra banda, a Asociación de Médicos Interinos de Galicia (Asmig) presentou este xoves na delegación coruñesa do Sergas o primeiro escrito en Galicia para reclamar que se adopte a sentenza do tribunal da UE relativa á homologación de interinos e fixos no relativo a indemnizacións por despedimento.


Así, no escrito solicítase a apertura dun procedemento administrativo que conduza á condición de indefinido de traballadores ata agora en posesión dunha praza con vínculo laboral eventual estatutario. De non atender á reclamación, a asociación non descarta acudir á xustiza.

relacionada A xustiza europea defende equiparar as indemnizacións de fixos e temporais
relacionada ​Sanidade estudará a condena ao Sergas por "fraude" en contratación de eventuais
relacionada Asamblea en Vigo tras la sentencia al Sergas por "contratación abusiva" de 9 sanitarios
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE