​Sanidade estudará a condena ao Sergas por "fraude" en contratación de eventuais

|

Almuia 3


O conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, informou de que o seu departamento estudará a semana que vén cos sindicatos a sentenza que condena ao Sergas por "fraude" na contratación de persoal eventual.

A preguntas dos xornalistas antes de participar nun acto en Santiago, o responsable en funcións da área sanitaria do Goberno galego advertiu de que "ás veces se fan comentarios que non son acertados", polo que apelou a unha revisión en profundidade do fallo.

"Hai que revisala, hai que estudala moi ben e a semana que vén imos facer unha valoración de todo isto cos representantes sindicais", subliñou, sobre a sentenza.

Neste sentido, agregou que é "complexa" e que contén "algunhas cousas que non están aínda demasiado claras". "Estamos a facer o estudo pormenorizado e despois falaremos cos representantes sindicais para tratar de facer o que corresponde dentro dunha idea loxicamente, como sempre fixemos, de manter un magnífico servizo sanitario en Galicia", profundou.

Sobre a data do encontro que a consellería manterá coas organizacións sindicais, apuntou que será a semana que vén pero que aínda non ten "o día pechado".



relacionada ​Os sanitarios organízanse fronte á "contratación abusiva"
relacionada Asamblea en Vigo tras la sentencia al Sergas por "contratación abusiva" de 9 sanitarios

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress