#Claves de la semana

​A Unión Europea interésase polo plan de compostaxe pontevedrés

A Deputación de Pontevedra destinará axudas aos concellos para cambiar o modelo de tratamento do lixo e reducir o traslado de residuos orgánicos a Sogama.


|

Deputacionpontevedravicepresidente

César Mosquera, durante a rolda de prensa. //Foto: @depo_es twitter


O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, asegurou que o plan de compostaxe que impulsa a administración provincial suscitou o interese da Unión Europea.


Díxoo na rolda de prensa na que se anunciou que xa está en activo a segunda fase desta iniciativa, á espera de que o vindeiro venres 14 se aprobe por parte da xunta de goberno as axudas pola cantidade de 1.250.000 euros destinadas a aqueles municipios que queiran cambiar o sistema de tratamento de lixo.


A Deputación de Pontevedra subvencionaría a compra dos composteiros para que se reduza o traslado de residuos orgánicos á planta de Sogama.


César Mosquera explicou que o feito de que a Comisaría Europea de Medio Ambiente se interese neste proxecto dá "maior valor" a esta proposta, que pretende converter esta experiencia alternativa en "universal". Ademais, apuntou que é unha "iniciativa única" neste ámbito e que está a resultar interesante internacionalmente.


A FINAIS DESTE MES


O enxeñeiro químico Carlos Pérez, asesor técnico de Residuos da Deputación, sinalou que se espera que a finais deste mes comecen a sacar o compost en varios dos 35 concellos da provincia nos que se instalaron os composteros.


Reduciuse o tempo de elaboración a tres e catro meses cando habitualmente o compost en plantas industriais elabórase nun proceso de entre catro e seis meses. Esta aceleración, segundo o asesor, débese á achega de proteínas e nitróxeno a través de restos de comida como carne ou peixe e tamén ao proceso seguido durante estes últimos meses.


Ademais, segundo os responsables dese proxecto, a calidade do compost está a ser de cateogoría A, a máis alta, para que poida ser empregado nas hortas.


"COMPOSTA EN REDE"


Os días 20 e 21 de outubro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá o congreso 'Composta en Rede', nunha edición que está a suscitar un gran interese, atendendo ao récord de inscricións.


Segundo informou César Mosquera, a este encontro sobre compostaxe acudirán expertos de toda España ademais de diferentes colectivos ecoloxistas. O congreso é gratuíto e a inscrición permanece aberta ata o día do inicio.


Ao mesmo tempo, o vicepresidente provincial tamén sinalou que se convocarán cursos para formar persoas sobre aspectos básicos do tratamento de residuos para a elaboración de compost.

relacionada Adega denuncia a construcción dunha planta de compostaxe que "non vai facer compost"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE