#Claves de la semana

​As queimas agrícolas volven estar permitidas desde o domingo

A partir de mañá xa se poden solicitar os permisos. O cambio das condicións meteorolóxicas fixo diminuír o risco de incendios.



|


Santiagolume


A Consellería do Medio Rural volverá permitir as queimas agrícolas e forestais desde este domingo, 16 de outubro, tras abrir o prazo de tramitación de permisos o venres, 14 de outubro.


Estas queimas poderán realizarse debido á diminución de risco de incendios forestais tras as últimas choivas que afectaron a Galicia e o cambio de condicións meteorolóxicas.


Así, as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas deben realizarse a través do teléfono 012, o centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia.


Os cidadáns que desexen levar a cabo queimas de restos agrícolas amontoados en zonas que determina a lei nos períodos habilitados deberán comunicalo con dous días de antelación. No caso de restos forestais amontoados deberá solicitarse unha autorización polo risco de actuación, que supón un maior proceso de tramitación.

relacionada ​A campaña contra incendios continúa con 436 traballadores menos
relacionada ​"No llegan ni a los 900 euros en plena campaña de extinción"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE