#Claves de la semana

​O BNG esixe "frear" a problemática da posible segregación de Ferroatlántica

Pontón lembrou que o Parlamento aprobou unha iniciativa do BNG que recolle a imposibilidade de segregación entre a actividade industrial e a explotación eléctrica.


|

Anapontonxallasferroatlantica


A portavoz nacional e deputada electa do BNG, Ana Pontón, e parlamentario pola Coruña Xosé Luís 'Mini' Rivas, trasladaron este xoves o "total apoio do BNG para frear calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas no Xallas que explota esta factoría en réxime de concesión", coa obrigación de garantir o emprego.


Nun encontro cos representantes do cadro de persoal en Cee (A Coruña), Pontón explicou que a formación nacionalista pedirá a comparecencia urxente do Goberno galego --dos conselleiros de Industria e Medio, concretamente--, para que aclaren en sede parlamentaria "que ten previsto a Xunta para evitar movementos especulativos de compra-venda das minicentrais" e, "non menos importante, impedir que haxa ningún tipo de segregación entre a actividade industrial de Ferroatlántica e a explotación eléctrica do Xallas".


FUTURO DO EMPREGO


"Desde o BNG compartimos a preocupación dos traballadores por tres razóns: porque pon en risco a viabilidade e o futuro do emprego, porque desde o punto de vista legal a segregación das minicentrais da actividade industrial de Ferroatlántica non é posible, son unha unidade indivisible, e en terceiro lugar porque implicaría unha burla que se especule coas concesións públicas de recursos naturais que son de todos", esgrimen os nacionalistas.


Neste sentido, Pontón lembrou que o Parlamento aprobou, por unanimidade (na lexislatura que terminou), unha iniciativa do BNG que recolle a imposibilidade de segregación entre a actividade industrial e a explotación eléctrica.


"Por iso consideramos incomprensible a posición tan morna que está a manter a Xunta ante as informacións que avanzan unha posible especulación con operacións de compra-venda das concesións que, mesmo, podería ser un paso previo á segregación de Ferroatlántica", denunciou.


A portavoz nacionalista ha incidido que o Bloque "vai esixir unha posición clara da Xunta" a través das comparecencias dos concelleiros directamente implicados por área de responsabilidade de goberno, garantías de continuidade do emprego e tamén reclamarán que a xestión das minicentrais leve a cabo desde Galicia e non desde Madrid, como sucede na actualidade.

relacionada ​A Mesa denuncia que Ferroatlántica non permite usar o galego nas reclamacións internas
relacionada Científicos das tres universidades galegas certifican danos de Ferroatlántica a hábitats e especies protexidas no Xallas
relacionada ​Catro cooperativas galegas queren integrarse nun grupo lácteo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE