#Claves de la semana

​300 días de goberno en funcións

Desde o pasado 20 de decembro houbo tres investiduras que non foron adiante, e repetíronse as eleccións xerais. 


|

Sillonesvacos


Mariano Rajoy sufría o 20 de decembro de 2015 unha perda dun terzo da súa representación parlamentaria que puña fin a catro anos de maioría absoluta. Ao mesmo tempo, o PSOE de Pedro Sánchez caía ao seu peor resultado electoral en beneficio de Podemos e Ciudadanos, que irrompía con 40 deputados.


Rajoy renunciou entón a tentar unha investidura e foi designado Sánchez polo Rei para o cometido. O líder socialista firmou daquela un acordo con Ciudadanos en torno a dous principios: “Limpar España do veleno da corrupción” e “evitar que Rajoy siga sendo o presidente do Goberno”. O pacto PSOE-Ciudadanos non convenceu a Pablo Iglesias, e desembocou na primeira investidura fallida da democracia española, a de Pedro Sánchez. 


SEGUNDAS ELECCIÓNS


Convocáronse entón segundas eleccións e o PP sacou 137 escanos, 14 máis ca nos comicios anteriores, mentres que o PSOE perdía 5 e Podemos e Ciudadanos se desinflaban. O presidente en funcións e candidato á reelección, Mariano Rajoy, tentou en van unha primeira e logo unha segunda investidura, sen conseguir a abstención do PSOE.


Pedro Sánchez, inamovible no “non é non”, manifestou entón que o PSOE tentaría ser parte da solución á falta de goberno e pediu a Podemos e Ciudadanos que baixaran os seus “vetos cruzados” para así formar un goberno “progresista”.


Coa posterior dimisión de Sánchez e o novo comité federal á vista, a executiva do PSOE sitúase agora máis preto dunha abstención e posible investidura de Rajoy, sempre que os prazos non se lles boten enriba, pois se o 31 de outubro non hai presidente do Goberno, a Constitución establece que o Rei deberá disolver as Cortes, posto que pasarían dous meses desde a primeira votación de investidura dun candidato (Mariano Rajoy) despois das eleccións do 26 de xuño. 


A isto cómpre engadir o xuízo pola trama Gürtel, --coas confesións de Correa sobre altos dirixentes do PP--, a presión de Podemos ao PSOE se se decantan por investir ao que era Ministro de Administracións Públicas na época da trama, as primarias do PSC, cuxos candidatos xa anunciaron a súa disposición a romper a súa disciplina de voto, e por suposto a sombra dunhas terceiras e pouco desexadas eleccións

relacionada Miquel Iceta gaña as primarias do PSC cunha marxe de 600 votos
relacionada ​El juicio de la Gurtel se debate también en el Comité Federal del PSOE
relacionada ​El tribunal del caso Gürtel rechaza que Rajoy testifique
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE