PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • parques eólicos
  • INDITEX
  • stellantis
  • Celta de Vigo

​En Marea pide parar as probas con drons militares en Rozas

Relaciónanas coa "estratexia belicista da OTAN" e piden ao Goberno central que permita visitar as instalacións.

Redacción
Redacción
| domingo, 16 de octubre de 2016, 13:29
  • 0
ARCHIVADO EN | dron Rozas Defensa militar


Enmareagrupocongreso


Os deputados de En Marea no Congreso pediron ao Goberno central a "inmediata paralización" das probas con avións non tripulados, drons, e que explique os fins contemplados polo Ministeriode Defensa para o aeródromo de Rozas, en Lugo.

Así o demandaron nunha proposición non de lei á que tivo acceso Europa Press e na que En Marea reclama ao Goberno información sobre as probas realizadas nestas instalacións así como o contido do convenio formado entre o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial dependente de Defensa, o Concello de Castro de Rei, a Deputación de Lugo e o Real Aeroclub de Lugo.

E é que, segundo denunciou En Marea, na provincia de Lugo experiméntase unha "preocupante espiral militarista nos últimos tempos". "O Goberno central e a Xunta de Galicia comparten a determinación de converter en ámbito de negocio os drons militares en Lugo e facelo en relación coa estratexia belicista da OTAN", advertiu.

Neste sentido, asegurou que a OTAN realizou manobras militares no campamento de Parga en xaneiro de 2016 que "vulneran as condicións de cesión forzosa dos terreos que albergan esta base militar, que delimitaban o seu uso a escola de enxeñeiros". "A conexión Rozas-Parga sitúa á Terra Cha no centro dunha estratexia militarista que non comparte a cidadanía galega", argumentou En Marea.

Por todo iso, os deputados da marea galega pediron ao Goberno que permita a posta en marcha dunha delegación parlamentaria que, xunto con representantes dos municipios afectados, poida visitar as instalacións relacionadas co proxecto.

relacionada ​O 'viveiro' de drons de Castro de Rei recibe a primeira empresa
relacionada AGE denuncia "prevaricación" en el proyecto de drones de Rozas
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabeceraultimahora

El canal 'Toxío', 'Neeumatiko' e 'Histéricas Histórikas' se hacen con los premios Youtubeiras 2022

Rodríguez 'Pam' dice que revertir ley 'solo sí es sí' es perjudicial para mujeres y arremete contra jueces conservadores

Las explotaciones apícolas en Galicia aumentaron en un 35% en los últimos 10 años

El comité de Xeal reclama a Rueda que vele por el cumplimiento de las cláusulas concesionales

Cabeceralomasleido 1
1
Gran problema
2
La provincia de Ourense estará a primera hora de este domingo en alerta amarilla por temperaturas inferiores a -4ºC
3
¡Una semana para olvidar!
4
Beautiful Beings: el mejor retrato de la dureza de la vida
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora