#Claves de la semana

​O 'viveiro' de drons de Castro de Rei recibe a primeira empresa

A compañía Enxeñería Gaerum traballá na versión non pilotada dunha aeronave propia que participou en misións humanitarias no Mediterráneo.


|

Dron

A compañía Enxeñería Gaerum, subcontratista de Indra e filial de Tecnam Aviation, rexístrase como nova empresa galega e implántase no polo de avións non tripulados de Galicia. Esta nova compañía encargarase do desenvolvemento, construción e certificación do Avión Opcionalmente Tripulado Targus, e tamén xestionará a construción do novo hangar co que contará Indra no aeródromo de Rozas.


O domicilio fiscal desta compañía fixouse en Lugo, aínda que está previsto que nos próximos meses se estableza de forma definitiva no aeródromo de Rozas. A compañía esperará para iso a que se completen as obras do novo hangar e a instalarse nas oficinas do complexo de Castro de Rei.


Para iniciar a súa actividade, un equipo de profesionais trasladarase a Rozas nos próximos días e comezará a traballar nos novos desenvolvementos de software e melloras do avión pilotado de vixilancia MRI P2006T de Indra, que desde este mes terá base no aeródromo galego. No mes de setembro, Enxeñería Gaerum iniciará os traballos de apoio a Indra no desenvolvemento do Avión Opcionalmente Tripulado Targus, a versión non tripulada do avión MRI P2006T.


Indra vén traballando con Enxeñería Gaerum desde hai anos no desenvolvemento do avión MRI P2006T, unha aeronave que ofrece as máis altas capacidades de vixilancia ao custo de operación máis competitivo e que xa participou en misións humanitarias de vixilancia no mar Mediterráneo.


Este innovador avión está equipado cun radar de varrido electrónico, unha cámara visible e infravermella de alta resolución, un sistema AIS de identificación de buques, un radioenlace line of sight cun alcance de 180 millas náuticas, e un terminal de comunicacións satelitales Inmarsat.


Esta tecnoloxía converte á plataforma de Indra na ferramenta perfecta para apoiar misións de salvamento no mar, vixilancia costeira, detección de verteduras ou protección de bosque, entre outras tarefas, permitindo recibir en tempo real desde a estación de control en terra toda a información captada pola aeronave.


A implantación da empresa enmárcase dentro dos compromisos asumidos na posta en marcha do polo de Rozas, que suma 115 millóns de investimento e inclúe a creación de novo tecido industrial a través de novas sedes en Galicia. 

relacionada ​El ejército usará drones "de corto alcance" para vigilar los montes
relacionada Los drones aterrizarán en Lugo para Septiembre
relacionada AGE denuncia "prevaricación" en el proyecto de drones de Rozas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE