#Claves de la semana

​Arden dúas vivendas en Chantada e Arzúa sen deixar feridos

O da localidade luguesa propagouse ás casas lindeiras e o de Arzúa orixinouse nunha cheminea.



|

Camionbomberos


Un incendio arrasou por completo un ático e afectou as vivendas lindeiras no termo municipal de Chantada (Lugo), pero non houbo persoas feridas.


Segundo informou o 112 Galicia, o incendio ocorreu sobre as 20,15 horas do martes cando o lume se iniciou no ático do número 7 da Rúa Formoso Lamas e estendeuse ás casas situadas a cada lado. A unha resultoulle afectado o tellado e á outra o canlón.


O servizo de emerxencias destacou que a peor parte foi para o ático, que quedou inservible, pero ninguén resultou ferido, a pesar de que a vivenda estaba ocupada no momento de producirse o incendio.


Foi, precisamente, o ocupante quen chamou ao 112 Galicia para informar dun incendio no seu tellado. Tras iso, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias avisou aos Bombeiros de Chantada que, poucos minutos despois, conseguiron controlar as chamas.


Ademais, os xestores do 112 pediron a colaboración de axentes da Policía Local e de voluntarios de Protección Civil.


ARZÚA


Os Bombeiros das localidades coruñesas de Arzúa e Ordes foron mobilizados este mércores debido a un incendio rexistrado na cheminea dun terceiro piso nun edificio de cinco plantas no primeiro municipio, pero non houbo persoas feridas.


Segundo informou o 112 Galicia, este incendio nunha cheminea instalada nun terceiro piso obrigou a empregar a autoescaleira dos Bombeiros de Ordes.


Os feitos sucederon pouco antes das 1,00 horas deste mércores na Avenida de Lugo, en Arzúa. Tratouse dun edificio de cinco plantas, pero a orixe do lume estaba na cheminea do terceiro piso.


O acceso era "complexo", segundo indicaron as mesmas fontes, polo que foi necesario empregar a autoescaleira dos Bombeiros de Ordes. Pouco despois, o lume quedou sufocado e ninguén resultou ferido


Os primeiros en chegar ao lugar do incendio foron os Bombeiros de Arzúa, que pediron a colaboración dos efectivos do parque comarcal de Ordes. Tamén, por precaución, o 112 informou a Urxencias Sanitarias e á Garda Civil.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE