#Claves de la semana

Leiceaga reivindica a "autonomía" do PSdeG para traballar "con decisión"

O portavoz socialista avanzou que levarán ao Pazo do Hórreo "os intereses e os problemas do conxunto da cidadanía galega". 


|

Leiceagamitin 2


O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, resaltou este venres, tras a sesión constitutiva da Cámara, que o seu grupo traballará con "ilusión e ganas" no Pazo do Hórreo "en favor dos intereses de Galicia".


Tras poñer de relevo, en declaracións aos medios ao termo do pleno, o "razoable" do acordo entre os grupos da oposición para ocupar os postos institucionais do Parlamento, Leiceaga avanzou a presentación de iniciativas "en favor do emprego, os sectores produtivos e os servizos públicos de calidade".


Trátase, tal e como sintetizou, de levar ao Pazo do Hórreo "os intereses e os problemas do conxunto da cidadanía de Galicia". "É o noso compromiso; a partir de agora poderemos facer o traballo con decisión, interese e eficacia", salientou o socialista.


Preguntado sobre se teme que a inestabilidade na que está sumido o seu partido afecte á súa actividade na Cámara, Leiceaga lembrou a "autonomía" que sempre tivo o grupo parlamentario tamén pola propia dinámica da institución, aínda que, iso si, asegurou que traballará en "o marco político que decida a dirección do partido en cada momento".


E, por mor das declaracións do presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, sobre que non sabe quen é o seu interlocutor nas filas socialistas, respondeu que o mandatario poderá comprobalo no seu debate de investidura, previsto para novembro, pois el mesmo lle dará a réplica.

relacionada Arranca a décima Lexislatura galega
relacionada Santalices repite como presidente y Calvo será vicepresidente
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE