Aena aumenta case un 50% os seus beneficios ata setembro

|


Aeropuerto 1


Aena logrou un beneficio neto de 944,4 millóns de euros nos nove primeiros meses do ano, un 47,8% máis con respecto ao mesmo período de 2015, o que supón 305,3 millóns de euros máis, grazas á evolución positiva do negocio polo incremento do tráfico (+11,2%), ao descenso dos gastos financeiros e á reversión da provisión de expropiacións.


Excluíndo a reversión extraordinaria de provisións por expropiacións, derivadas de procedementos xudiciais vinculados a expropiacións de terreos no Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, o beneficio neto ascende a 790,7 millóns de euros, un 23,7% máis, detallou o xestor da rede de aeroportos españois á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).


De xaneiro a setembro, os ingresos totais de Aena alcanzaron os 2.889,1 millóns de euros, o que supón un aumento do 7,4%, 199,5 millóns máis, con respecto ao mesmo período de 2015. Deles, o 26,7% corresponde a ingresos comerciais tanto fóra coma dentro da terminal. O Aeroporto de Luton contribuíu con 153,8 millóns de euros de ingresos.


O beneficio bruto de explotación (Ebitda) ascendeu a 1.759,6 millóns de euros, un 10,5% máis que nos nove primeiros meses de 2015, alcanzando unha marxe do 60,9%, impulsado pola actividade dos meses de verán.


A redución do 1,9% das tarifas aeroportuarias, que entrou en vigor o 1 de marzo, supuxo un impacto sobre o Ebitda de -30,7 millóns de euros.


Ao 30 de setembro, a débeda financeira neta de Aena sitúase en 8.241,6 millóns de euros, un 12,3% menos, fronte aos 9.401,7 millóns de euros ao peche de 2015.

relacionada ​Aena gana un 10,8% más de pasajeros hasta septiembre
relacionada Peinador registra un repunte de pasajeros casi cuatro veces superior a Lavacolla
relacionada Barajas, entre os cinco aeroportos da UE con máis tráfico

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress