#Claves de la semana

​O xerente do CHUS nega calquera colapso en Urxencias

Chámalle "incomodidades na asistencia" e di que son algo "intrínseco" ao funcionamento.



|

Luisverdegerentechus

A la izquierda, Luis Verde, xerente do CHUS.


O xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), Luis Verde, asegurou este mércores que "en ningún momento" o centro tivo "dificultade para dar resposta" no servizo de urxencias, á vez que subliñou que "a atención está sempre garantida".


Preguntado sobre a segunda petición de información por parte da oficina do Valedor do Pobo sobre colapsos denunciados en urxencias do CHUS, o xerente sanitario compostelán explicou que a valedora "solicitou un informe achega do funcionamento do servizo de urxencias do complexo a instancias dunha queixa ou inquietude" e agora pediu "unha ampliación dalgunhas consideracións". "Achegaranse as valoracións a esas consideracións", afirmou, para enmarcar esta acción en "algo normal e de xestión ordinaria".


Sobre os "colapsos entre comiñas", Luís Verde aclarou que "en ningún momento" houbo "dificultade para dar resposta neste complexo á demanda asistencial". "Atendemos absolutamente a todos os pacientes que o demandan", sostivo, para puntualizar que a urxencias os usuarios "acoden cando teñen a necesidade asistencial", polo que "hai momentos en que hai máis xente e en cada momento hai que adoptar decisións para dar resposta a esa demanda".


Con todo, o xerente compostelán recalcou que "a atención está sempre garantida" e "todos os pacientes que necesitan hospitalización, reciben esa hospitalización".


XESTIÓN "COMPLEXA"


Así mesmo, Luis Verde fixo fincapé en que a xestión sanitaria e hospitalaria "é complexa". "E entendo que ás veces a contestación non se entende todo", sostivo para engadir que "o hospital funciona como unha maquinaria que ten que ir engranada, non se pode illar o funcionamento de urxencias do resto do hospital"


Neste sentido, preguntado se se puido deber a un erro na xestión, o xerente do CHUS asegurou que "en absoluto,". "Hai unha porta de entrada aberta as 24 horas os 365 días do ano e non sabemos con que número de persoas contará", manifestou, para considerar "entendible" que nalgún momento "se produzan maiores incomodidades na asistencia e noutros momentos esteamos máis folgados". "Isto é intrínseco a un servizo de urxencias", concluíu.

relacionada ​Sanidade defende que os colapsos das Urxencias do CHUS son illados
relacionada ​La Inspección de Trabajo le reclama al CHUS que subsane los colapsos de urgencias
relacionada ​Denuncian "un novo colapso" das urxencias do CHUS
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE