#Claves de la semana

​O Corte Inglés servirá en todos os seus restaurantes ovos de Coren

Durante quince días nas cafeterías do Corte Inglés servirase unha receita de Pepe Solla a base de ovos de curral, zorza e pataca.


|

Huevoscorencorteinglespepesolla


O Corte Inglés alcanzou un acordo coa cooperativa galega Coren --que conta co selo de Galicia Calidade-- polo cal servirá a partir de agora en todos os seus restaurantes e cafeterías ovos desta empresa que crea ás súas galiñas ao modo tradicional, con saída ao campo e a base de millo.


O Corte Inglés utilizou o pasado ano máis de 2,5 millóns de ovos nalgúns dos pratos e elaboracións que cada día ofrecen as súas 83 cafeterías, 41 restaurantes e 17 Recunchos do Café.


Coren é líder nacional na produción de ovos campeiros. En 2012, a cooperativa galega adoptou a pioneira decisión de suprimir os ovos en gaiola, de maneira que toda a súa produción é de curral. Coren foi a primeira empresa en certificarse co distintivo de Galicia Calidade e na actualidade conta cunha decena de produtos baixo este selo.


Con motivo do acordo, o chef galego Pepe Solla --que conta cunha estrela Michelin e tres Soles Repsol-- elaborou unha receita especial con ovos campeiros de Coren que se servirá durante quince días nas cafeterías do Corte Inglés, a base de ovos de curral, zorza e pataca.



Huevosdecorralzorzapepesollacorenelcorteingles

// Galicia Calidade


Entre a proposta gastronómica que O Corte Inglés ofrece aos seus clientes figuran os ovos de curral con foie, con xamón ibérico, o seu famoso sándwich Corty, a súa fórmula chef de pechuga Villaroy, a ensalada César con ovo poché ou os almorzos especiais. A partir de agora, todos eles estarán elaborados exclusivamente con ovos de curral.


Galicia Calidade é a marca de garantía de Galicia. Dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, certifica os mellores produtos e servizos galegos que lles permiten identificar a súa procedencia e a súa excelencia nos mercados nacionais e internacionais.

relacionada El Corte Inglés recolle penso para mascotas coa fin de axudar a protectoras de animais
relacionada Coren convertirá sus residuos en energía
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE