#Claves de la semana

O xoves será a réplica e a votación de investidura

Segundo a distribución dos tempos para os voceiros parlamentarios, agárdase que as 7 da tarde sexa investido o presidente.


|

Parlamentoxlexislatura


Tras o discurso de investidura pronunciado este martes polo candidato Núñez Feijóo, os portavoces dos grupos parlamentarios contan con 48 horas para preparar a súa réplica, ata que se retome o xoves a sesión, previsiblemente, pasadas as 11 e media da mañá.


Para a súa resposta, os portavoces terán en cada caso unha primeira quenda de 35 minutos antes de que Feijóo déalles a réplica. Pode elixir facelo de forma global ou invidualizada e, de feito, a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, xa subliñou que a segunda vía "favorecería o debate con cada un dos grupos".


A continuación, cada grupo terá unha contrarréplica de 10 minutos e Feijóo volverá ter a palabra nunha quenda final. A votación posterior será nominal por chamamento a cada deputado, que ten que dicir cal é o sentido do seu voto.


O previsible é que o líder do PPdeG quede investido presidente coa maioría absoluta dos seus 41 deputados ao redor das 7 da tarde.


TOMA DE POSESIÓN


Doutra banda, o sábado celebrarase ás 11 da mañá o acto de toma de posesión, cun evento posterior que terá lugar na Praza do Obradoiro a partir das 12,30 horas.

relacionada A oposición lamenta o discurso continuista de Feijóo
relacionada Feijóo promete orzamentos expansivos e 100.000 empregos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE