Multa de 30.000 euros a Transegre polo despedimento de dous traballadores da CIG

|

Avcoladegaliciatransegre

A CIG acolleu con "satisfacción" o anuncio da sanción de 30.000 euros imposta á empresa de transporte Transegre, do grupo Avícola de Galicia, por dificultar o libre desenvolvemento das eleccións sindicais ao despedir nos días previos a dous candidatos da central promotora e impedir o acceso de representantes sindicais na xornada de votacións, entre outras irregularidades.


O secretario comarcal da CIG-Pontevedra, Marcos Conde, e Xabier Aboi, da Federación Galega de Alimentación, Mar e Transporte-CIG, explicaron en rolda de prensa que por estes feitos ocorridos o pasado mes de agosto, a Inspección de Traballo impuxo unha sanción de 30.000 euros a Transegre por "transgredir os deberes materiais de colaboración" que impoñen ao empresario as normas reguladoras dos procesos electorais a representantes dos traballadores.


O organismo, ademais, cualifica a infracción como "moi grave" e considera que demostra a "intencionalidade da empresa ao quedar acreditado que impediu o acceso ao centro de traballo aos promotores o día da constitución da mesa e votación".


Esta sanción chega tras o laudo arbitral no que o mediador Jesús Casas de Ron constata a falta de limpeza do proceso e obriga á repetición das eleccións "con todas as garantías", algo que, polo momento, aínda non tivo lugar.


O secretario comarcal da CIG-Pontevedra asegurou que esta é só a primeira das sancións que debería recaer en Transegre ante a "suma gravidade" dos feitos denunciados.


Está pendente o xuízo polos despedimentos dos dous candidatos da central nacionalista, que terá lugar o próximo día 17. As saídas producíronse tres días despois de convocarse as eleccións, que deron lugar a unha campaña en prol da readmisión.


INTERROGATORIOS


Segundo explicou Xabier Aboi, durante o proceso electoral, o xerente interrogou "un por un" aos traballadores para preguntarlles a súa filiación sindical, co argumento de que "non querían sindicatos en Transegre".


O propio día das votacións "das que non foi avisado todo o persoal", a seguridade privada impediu o acceso ás instalacións a Xabier Aboi e Marcos Conde, segundo explicaron, e tivo lugar no interior un "simulacro" no que resultou elixido un dos cargos da empresa. Os sindicalistas, pendentes tamén da resolución da denuncia penal presentada o 22 de agosto, reclaman "axilidade" á Xustiza.

relacionada ​A CIG denuncia o despido en Transegre de dous candidatos ás eleccións sindicais

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress