#Claves de la semana

En Marea vai ocupar esta lexislatura o local do BNG no Parlamento

O Bloque, que foi o último en se enterar, trasládase aos espazos que deixou AGE.


|

Enmareavillaresvoceiro


O Grupo Parlamentario de En Marea trasladarase ás dependencias que ata agora ocupaba o Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia despois de que así o aprobase a Mesa por unanimidade na súa reunión deste martes, onde o BNG non está representado.


Diso informaron a Europa Press fontes parlamentarias, que precisaron que o órgano de goberno da Cámara galega autoriza ao Bloque a que efectúe obras, se así o considera oportuno, nos locais que na pasada lexislatura eran ocupados por AGE, que serán os que pasará a ocupar a formación nacionalista.


Este traslado prodúcese despois de que En Marea solicitase á Mesa do Parlamento unhas instalacións acordes aos seus 14 deputados pero, segundo explicou o seu portavoz parlamentario, Luís Villares, "nada en relación a terceiros grupos".


Pola súa banda, fontes do BNG explicaron a Europa Press que o presidente da Cámara, Miguel Santalices, aínda non trasladou esta decisión ao grupo nacionalista polo que consideran que "o diálogo que promete Feijóo no seu discurso de investidura empeza con moi mal pé" cando "se entera antes un medio de comunicación que a propia formación afectada".


A maioría absoluta do PPdeG está reflectida no órgano reitor da Cámara, xa que os populares contan con tres dos cinco postos da mesma --Miguel Santalices como presidente, Diego Calvo como vicepresidente e Raquel Arias como secretaria--.


Pola súa banda, a deputada de En Marea, Eva Solla, é a vicepresidenta segunda deste órgano mentres que a parlamentaria socialista Concepción Burgo ostenta a vicesecretaría. O BNG non ten representación.

relacionada Villares, satisfeito con que En Marea o autorizase a contratar persoal de apoio
relacionada Villares reivindica a "transparencia" da petición de recursos para "tecer" En Marea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE