#Claves de la semana

Trump xa é o próximo Presidente dos EEUU

O republicano sobrepasa amplamente a maioría con 276 votos electorais fronte aos 218 de Clinton.


|

Fotonoticia 2016013108365816011575019 9999


O candidato do Partido Republicano á Casa Branca, Donald Trump, alcanzou os 270 votos electorais necesarios para ser declarado gañador das eleccións presidenciais no país.


Trump chegou a esta cifra tras conseguir a vitoria no estado de Wisconsin, onde se impuxo  á súa rival, Hillary Clinton, conseguindo unha diferenza que é xa insalvable e que lle dá as chaves da presidencia.


Nas últimas eleccións presidenciais, celebradas en 2012, o actual mandatario, Barack Obama, fíxose con 332 votos electorais, polos 206 cultivados polo seu entón rival, o republicano Mitt Romney.


"UN POBO UNIDO"


No seu discurso, logo de confirmarse a súa vitoria, o magnate agradeceu a chamada de Clinton para felicitalo e subliñou que a candidata demócrata traballara "duro" na súa campaña. Destacou ademais que agora é o momento para pechar as feridas da división, mensaxe que dirixíu tanto a republicanos coma democratas: "xuntemonos como un pobo unido", recalcou. 


Comprometeuse así a ser "o presidente de todos os norteamericanos". Para os que non o apoiaron, tendeulles a man pedíndolle axuda para traballar "todos xuntos" e unir "a nosa gran nación", acorde co seu lema de campaña. Malia todo, Donald Trump afirmou que el non fixo campaña, senon que puxo en marcha un "movemento de millóns de traballadores" que queren un futuro mellor. 


O seu discurso populista e xenófobo de Trump calou eficazmente entre os estadounidenses brancos fartos do 'establishment' que se identificaba coa candidata demócrata Hillary Clinton, tamén salpicada por escándalos e unha 'política de profesión' moi impopular. Malia todo os resultados son sorpendentes dado que todos os sondeos apuntaban a unha vitoria dos demócratas. 

relacionada Os estadounidenses elixen entre os dous candidatos máis impopulares
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE