​A Xunta Local de Seguridade de Lugo reúnese polas pelexas e o violador

|

Laramendezalcaldesalugo


A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou este mércores que a Policía Local está "a intensificar" a vixilancia con motivo da existencia dun violador no barrio de Augas Férreas.


"Sempre que hai un problema tentamos dar solución e achegar a nosa colaboración, aínda que non é a nosa competencia", remarcou, non sen apelar a "ser cautos" para "non interferir nas estratexias marcadas". "Colaboración, toda", garantiu.


En paralelo, deu conta da convocatoria para o mércores da semana próxima da Xunta Local de Seguridade.


Neste foro abordarase tanto a cuestión relativa ao violador (houbo unha violación consumada e un intento de agresión sexual no mesmo edificio do citado barrio) como as pelexas entre menores que posteriormente se soben ás redes sociais.


Trataranse tamén outros asuntos, tal e como indicou Lara Méndez, pero particularmente eses dous, "sen buscar alarma social pero poñendo o acento nun problema illado".


O obxectivo é "buscar sinerxias e cooperación entre as distintas forzas e corpos de seguridade do Estado", recalcou.

relacionada A policía nacional ve "imposible" ter máis patrullas en Lugo
relacionada A Policía busca o violador de Lugo que aínda "non está identificado"
relacionada ​Una banda protagoniza las 'bullas' de Lugo, los 'Chungalíes'

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress