#Claves de la semana

Novo boicot a Lactalis, esta vez nun supermercado de Pontevedra

Un grupo de gandeiros convocados por Unións Agrarias retiraron dos liñais os produtos envasados pola multinacional en sinal de protesta.


|

Lactalisboicotgandeiros


Un grupo de gandeiros galegos realizaron este mércores un novo boicot á empresa francesa Lactalis nun supermercado de Pontevedra, tras os levados a cabo en Santiago e Lugo nas últimas semanas.


Así, os gandeiros, convocados por Unións Agrarias, entraron no Hiper Froiz de Pontevedra nunha protesta que tivo como obxectivo marcas como Puleva, Ram, Gran Capitán, El Ventero, Président ou Galbani, envasados por Lactalis, que foron retirados dos liñais para denunciar os contratos lácteos á baixa que impón a multinacional, así como o que consideran unha apropiación indebida de máis de dous millóns de euros que corresponden aos gandeiros.


Respecto diso, o responsable de Gandería de UPA, Román Santalla, denuncia o "trato vexatorio" da multinacional Lactalis aos gandeiros "e tamén aos consumidores". Por iso, con este tipo de accións os gandeiros tamén queren chamar a atención do consumidor "para que axuden nesta loita".


Santalla explica que os contratos de Lactalis afectan a 1.200 produtores e "rompen todo o que estaba establecido" na lei de cadea alimentaria. Ademais, denuncia que incumpre o acordo de que a subida de dous céntimos nos prezos que paga o consumidor, que todos os meses abona a distribución a esta compañía, repercutan nos gandeiros.


Nesta liña, lamenta a indefensión dos gandeiros, que non poderían dar saída ao leite se non aceptan este contrato da multinacional francesa. Ante iso, censura a permisividade da administración fronte a esta situación, polo que piden ao Goberno "que non titubee por moita multinacional que sexa".


Finalmente, o portavoz de UPA, Román Santalla, agradeceu á cadea de Supermercados Froiz que lles permitira facer esta protesta no seu hipermercado de Pontevedra.

relacionada Unións Agrarias pide aos consumidores que non compren produtos de Lactalis
relacionada O SLG reclama que os etiquetados da orixe do leite "sexan claros"
relacionada ​O repunte do prezo do leite non chega a boa parte dos gandeiros
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE