#Claves de la semana

​Enfermeiros especialistas reclaman a súa inserción laboral no Sergas

Asociacións das especialidades familiar, pedriátrica, de saúde mental e matronas mantiveron un encontro para sumar forzas.


|

Enfermerosespecialistassergas


Representantes da Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (Agefec), da Asociación Galega de Enfermería Pediátrica (AGaEP), Asociación de Enfermería do Ámbito Galego de Saúde Mental (Aeagsm) e a Asociación Galega de Matronas (AGAM) reclaman conxuntamente a inserción laboral de enfermeiros especialistas "con máis prazas" no Servizo Galego de Saúde (Sergas).


Os colectivos mantiveron en Vigo un encontro no que expuxeron a situación de cada especialidade. Na reunión asinaron dúas cartas dirixidas ao conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuíña, e ao departamento de Recursos Humanos do Sergas.


Nas misivas reclaman "a inmediata apertura e posta en funcionamento" das listaxes de selección temporal para as especialidades de Enfermería Familiar e Comunitaria e Enfermería Pediátrica.


Ademais, reivindican a "dotación orzamentaria progresiva" de prazas para a primeira especialidade e a "reconversión de todas as prazas de unidades de Coidados Pediátricos e de Saúde Mental ocupadas por enfermeiros fixos que posúan a titulación da especialidade correspondente".


Tamén a Asociación Galega de Matronas mostra o seu "total apoio" a estas reivindicacións e "laméntase" de que a súa especialidade "exclúese do decreto 81/2016, do 23 de xuño".


GRUPO DE TRABALLO


Tras da análise levada a cabo no encontro sobre a situación actual das especialidades enfermeiras, as catro sociedades científicas acordaron, segundo explican, crear "un grupo de traballo conxunto e permanente" para "axuntar e coordinar esforzos".


Con iso, pretenden "lograr que as enfermeiras e enfermeiros especialistas desenvolvan todo o seu potencial no Sergas e que este poida aproveitar o esforzo humano e económico investido" nestes profesionais para "proporcionar unha atención con niveis de excelencia á cidadanía galega", conclúen.

relacionada CCOO denuncia falta de auxiliares de enfermería nas urxencias de Vigo
relacionada ​Os sindicatos piden que o Sergas convoque as prazas xeradas desde 2010
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE